![]() |
Masumeh
Ebtekar Vicepresidenta de Irán y Ministra de medio ambente (extracto de entrevista) |
Pregunta.- ¿A qué atribúe vostede a súa
alta posición política tan pouco frecuente nos países musulmáns?
Resposta: É unha mostra máis da mellora da condición da
muller iraniana trala revolución islámica. Eu penso que, no marco
da lei islámica e dos valores democráticos da nosa constitución,
hai un espacio moi amplo para permitir as mulleres desempeñaren un papel
aínda máis activo. Isto entra plenamente no terreo do pulso actual
entre posicións máis progresistas e as tradicionalistas, os dous
polos do debate político no Islam- O Parlamento reformista de Jatami
intenta promover leis que dean máis dereitos ás mulleres, máis
os grupos de presión conservadores tentan de impedilo
P.- Pero mentras tanto persiste a obligatoriedade do uso do hiyab,
o veo islámico.
R.-A percepción do uso do veo é moi diferente en Oriente e occidente.
Os líderes máis progresistas da nosa sociedade e a maioría
das mulleres non o perciben como un freo á súa igualdade e desenvolvemento.
Hai outros factores moito máis importantes, como cambiar a mentalidade
da sociedade, eliminar os prexuizos e conseguir postos maís relevantes
para as mulleres
P.- O mundo espantouse ó ver o maltrato que daban os talibáns
ás mulleres afganas. ¿Ese é a mensaxe do Corán?
R.- Obviamente, non. A súa versión do Islam é moi reaccionaria
e moi obtusa, con pouco ou nada que ver co espírito do Islam. Para comprender
unha relixión ou ideoloxía debemos comprender o seu espírito.
O espírito do Islam é de igualitarismo, de promoción da
dignidade humana, da solidariedade, da igualdade dos xéneros. Os talibáns
son só unha apariencia do Islam, moi afastada do seu espírito.
O Islam chií de Irán cre que os teólogos deben traballar
permanentemente para interpretar a relixión de acordo coas necesidades
dun tempo e lugar concretos. Agora precisamos saber qué ten que dicir
á relixión sobre ás mulleres do s. XXI, xoves e con estudios,
tan afastadas das mulleres de hai 14 séculos.
Por certo, os Talibáns creceron inicialmente có apoio de Estados
Unidos, directamente ou a través dos séus aliados, como Paquistán
ou Arabia Saudita..
P.- Que debería facer Occidente, para evitar o choque
de civilizacións do que tanto se fala dende o 11 de Setembro?
R.- Creo que xa é hora que occidente entenda que, incluso nos países
en desenvolvemento a xente ten capacidade de análise e ve moi ben ónde
hai duplicidade, hipocrisía. A causa palestina é o mellor exemplo
dunha loita lexítima polo dereito a un estado soberano. ¿Ónde
está o sistema de valores de Occidente? No asunto palestino só
importan derterminados intereses, non ó que é xusto ou inxusto.
P.- E vostedes, son perfectos? ¿Non teñen nada que cambiar?
R.- A nós quédanos un camiño moi longo para acadar os obxectivos
do verdadeiro Islam. A sociedade iraniana ten moitísimos fallos. Non,
non somos perfectos, pero aspiramos á perfección.