MULLERES EMIGRANTES: DOBREMENTE MARXINADAS
(extracto de ponencia)

Dra Moualhi Djaouida


“Como muller magrebí. musulmana e migrada que son, indígname o feito de que aínda se manteña na opinión pública española e nos medios de comunicación que a diferencia entre Occidente e Oriente consista en opoñer a racionalidade de “nós” á irracionalidade de “eles”, e o noso “ desenvolvemento” ó seu “subdesenvolvemento.”

Unha gran parte dos periodistas continúa a ver ás mulleres árabes como víctimas dependentes que viven nun estado de semiescravitude. Propáganse imaxes indiscriminadas e distorsionadas sobre o uso do veo, a ablación do clítoris, a poligamia e a violencia política en países musulmanes cunha economía de discurso que aumentou coa violencia desenvolvida por algúns países integristas islámicos. Naturalmente esas imaxes, as únicas que se adoitan proxectar de países musulmáns, espertan sentimentos de sospeita, recelo e temor, reforzando os xuizos previos sobre os musulmáns como violentos , agresivos e misóxinos.

Quero suliñar que os estereotipos sobre a muller árabe-musulmana son o instrumento máis eficaz para demonizar as súas sociedades. Escandalizan tanto a persoas de conviccions cristiás ó destacar as diferencias morais (obviando as moitas similitudes), como a persoas de orientación laica, neutrais ou tolerantes en materias de credo, ó ofrecer unha imaxe repugnante ó principio de igualdade entre os seres humanos

Dada a heteroxeneidade do Islam cunha pluralidade de escolas teolóxicas enorme, non se pode ,en modo algún, equiparar países como a India, Indonesia, Marrocos, Afganistán, Irán e Yemen. Incluso nun mesmo país existen múltiples factores que fan variar a situación, como son as diferencias de hábitat (rural-urbano), clase social, nivel de estudios, independencia económica, crenzas familiares e diversas políticas gubernamentais sobre os ámbitos laboral, educativo e cultural.

As mulleres magrebís non se senten discriminadas por levar o veo ou compartir un home cando o fan por convicción. Son outros os desencadeantes fundamentais da súa desigualdade como a desigualdade de oportunidades no ámbito laboral e educativo , a fiscalización social de todo o que fan no espacio público e a escasa representación política femenina; factores que tiveron unha incidencia parecida na sociedade española ata fai pouco.

O discurso compasivo e xeneralizado que representa as mulleres magrebís como pasivas submisas e ignorantes ten un curioso correlato co escaso espacio laboral, legal e intelectual en que a sociedade española as encerra. É obvio que se fosen tan pasivas xamáis houberan emigrado. Se de verdade se quere facer un exercicio de solidariedade con elas debería comezarse por substituir a actitude de compaixón e prexuizo por un exercicio de receptividade e igualdade de trato.