![]() |
A
PALABRA CLAVE É ¿POR QUE? Dra
Nawal al Sadawi |
A violencia contra as mulleres non está separada da violencia contra os pobres, nin separada da violencia contra os negros de Africa ou Europa, nin da violencia que os Estados poden exercer oficialmente por outros motivos . É un erro separar os conceptos de violencia internacional, violencia de Estado , violencia dentro da familia que, en certas sociedades, é exercida sistematicamente contra as mulleres polos homes, pais, maridos...
Se
eu dixera que hai unha relación entre George Bush e a circuncisión
femenina que se practica en Exipto, a xente preguntaríase, lóxicamente,
cal pode ser esa relación. Presidentes como Bush, e anteriormente Reagan,
apoiaron grupos fundamentalistas por todo o mundo, especialmente, na zona de
onde son orixinaria, empregando xoves desarraigados e sen emprego para que fosen
a loitar a Afganistán. Dotáronlles de armas e diñeiro para
derrotar o que naquel momento considerabase o maior mal da humanidade: os réxímes
comunistas impulsados pola Unión Soviética. Cando a Unión
Soviética caeu volveron ós seus países de orixe e foron
presa fácil de rexímes fundamentalistas que a súa vez os
utilizaron para sementar o terror. O atentado contra as Torres Xemelgas non
é o único exemplo....
Isto relaciónase coas mulleres e a violencia exercida contra elas porque
unha vez que a facción máis reaccionaria dunha relixión
chega ó poder político son as mulleres as primeiras afectadas.
As relixións perpetúan e fomentan sociedades patriarcais que colocan
á muller en posición inferior respecto ó xénero
superior. Despois de todo Deus é sempre varón e varóns
son todos os profetas ...
En certa ocasión unha periodista díxome nun programa de televisión....” é que vostede vive no Terceiro Mundo”. Eu contesteille:” Eu non vivo en ningún Terceiro Mundo. Faga o favor de non insultarme”. Cada vez que alguén me di que son unha muller do Terceiro Mundo indígnome. Non somos Terceiro Mundo. Todos vivimos no mesmo mundo e estamos dominados por un único poder global : as multinacionais e o poder económico con Estados Unidos á cabeza.
Nunca debemos falar da violencia contra as mulleres como un feito separado da política nacional e internacional . A familia é a unidade máis pequena da sociedade. Cando hai violencia na familia esta reflicte a violencia do Estado, que ,a súa vez, reflicte a violencia do mundo.
Nawal
El Sadawi. Doctora e escritora exipcia, coñecida pola súa loita
polos dereitos das mulleres e a súa denuncia de todo tipo de opresión
e inxustiza.