|
O
universo islámico  |
VOCABULARIO |
|
| Nesta
sección pretendemos axudarte a aclarar termos de uso frecuente
nos medios cando se refiren a noticias do mundo árabe-islámico. |
|
Islam
en árabe significa “compromiso, aceptación
total, paz”. A autoridade relixiosa no Islam derívase
do Corán, o libro sagrado
que, segundo os musulmáns, foi revelado por Deus, Allah,
ó profeta Mahoma.
Manuscrito árabe.Fragmento

En
xeral, poderíamos dicir que o Islam proporciona un código
de conducta para todas as situacións da vida dos seus fieis.
Para situacións que non aparecen explícitamente
no Corán, os musulmáns recorren ás ensinanzas
de Mahoma. Este conxunto de normas chámase sunnah.
Tamén usan como referente, as interpretacións dos
diversos líderes relixiosos. (mullahs, ayatollahs, imans
etc).
|
|
Quizais
unha das características que diferencian máis claramente
ó Islam do Cristianismo é a ausencia dunha autoridade
única como a do noso Papa. As diferentes culturas dos países
onde se practica e as diversas escolas e líderes relixiosos
proporcionan a base das diferentes variantes.
O
Islam non mantivo a súa unidade durante moito tempo. Cando
Alí, o xenro de Mahoma foi asasinado, os seus seguidores
formaron a Chia (ar. Partido). Son os actuais chiís- Caracterízanse
por non considerar a sunnah como sagrada. Para eles a figura do
imán ou líder espiritual é fundamental.
Hatami, o Presidente iraniano, país de maioría chií
Fronte
á eles, a maioría dos musulmáns, que si reverencian
a sunnah , son coñecidos como sunnitas. Hoxe constitúen
o 90% dos musulmáns.
En
xeral, podemos afirmar que na actualidade, os países con
poboación musulmana son máis “islamitas”
cultural, social y políticamente que hai 20 anos. A grandes
trazos poderíamos decir que, en xeral, consideran a cultura
occidental materialista, corrupta, decadente e inmoral.
|
|
En
xeral, podemos afirmar que na actualidade, os países con
poboación musulmana son máis “islamitas”
cultural, social y políticamente que hai 20 anos. A grandes
trazos poderíamos decir que, en xeral, consideran a cultura
occidental materialista, corrupta, decadente e inmoral.
O lado máis oscuro desta tendencia é o fundamentalismo
ou integrismo islámico, coa súa peculiar e enloquecida
interpretación do Islam, coa que non se identifica a maioría
do mundo islámico. É un movemento radical, simple,
e a miúdo cruel, que, sen embargo ofrece a millóns
de persoas que levan vidas de amarga pobreza e humillacións
un sentido, unha orientación. A actitude de Occidente ante
o conflicto Palestino ou a invasión de Iraq, non axudan
a frear este tipo de movementos.
Un dos movementos fundamentalistas máis tristemente celebres
é o Talibán: o movemento talibán surxe da
unión de diversos grupos de estudiantes (ar. talib: estudiante)
nas madrassas ou escolas islámicas de Afganistán.
Buscan purificar as sociedades, según eles impuras, aplicando
a súa peculiar visión do Islam totalmente allea
a tradición de moderación e tolerancia do pobo afgano.
Axudados
nun principio polos Estados Unidos, conquistan Kabul en 1996 e
implantan un réxime severísimo. Aínda que
foron derrocados tralo atentado del World Trade Center, á
súa influencia no país aínda é moi
grande. O seu líder é o famoso mullah Omar (un mullah
é un mestre espiritual).
O
réxime talibán deu refuxio a Ossama Bin Laden tralo
atentado do 11 de Setembro. Non se sabe con certeza o paradeiro
de ningún dos dous homes. |
Chador:
especie de manto que cobre o corpo e a cabeza. Moi frecuente en paises
coma Irán, onde dende a revolución Islámica se
impuso de forma obrigatoria como unha especie de uniforme de traballo.
Aínda así moitas mozas atopan a maneira de obedecerr e
desafiar a norma, deixando asomar guedellas de pelo, usando laca de
uñas, maquillaxe e pintura de labios.

Hijab:
especie de pano que cobre a cabeza. Pode ser de varias cores. Üsase
moito no Magreb e lévase con calquera tipo de roupa, vestido
ou pantalón. Cada vez é máis frecuente ver mulleres
con hijab en Pontevedra.

Burka:
Cobre todo o corpo, cabeza maila cara. Tristemente célebre dende
que o réxime talibán saltou ós medios de comunicación.
Máis información
O
Islam é, xunto có Cristianismo, o culto máis
estendido. Se ben é certo que o Cristianismo ten mayor número
de fieis, o Islam medra vertixinosamente de día en día.
O
distanciamento entre os países occidentais e os pertencentes
ó mundo islámico é, por desgracia, cada día
máis profundo. A nosa prosperidade económica e a nosa
estabilidade social dependen, en boa medida das relacións de
respeto, colaboración e boa vecindade que sexamos capaces de
establecer con eles.

Debemos partir da base de que non hai unha forma
“normal” ou “neutra” de vestir, a nosa por suposto,
fronte a cal as demais serían “raras” ou “inconvenientes”.
Excluíndo
o burka, producto da mentalidade enferma dos talibán, que é
rexeitado pola inmensa maioría do mundo islámico, o uso
do veo é obxecto deun amplo debate entre as proprias mulleres
musulmanas: algunhas son partidarias del e outras non. Tampouco podemos
esquecer o feito de que hai países islámicos onde o veo
non se utiliza.

En
orixe, parece ser o uso do veo recomendábase as mulleres para
que poidesen camiñar polas rúas sen seren molestadas por
individuos indesexables.
Na
actualidade o uso do veo nas súas diferentes variantes ofrece
unha gran complexidade de matices que de cotío se ignoran nos
países occidentais, onde normalmente produce rexeitamento.
En
determinados contextos su uso identificase coa poboación rural.
Algunhas mulleres ven nel unha forma máis de opresión
dos seus gobernos. Outras lévanno por costume; outras , especialmente
as máis novas lévano por ideoloxía, para diferenciarse
da cultura occidental... Unha vez máis non podemos simplificar.
|