Algúns recadros, cando o cursor tórnase man, teñen conexións aclaratorias
![]() |
Rawls nace en Baltimore (Maryland,
USA), en 1921. Doutorado por Princeton University en 1950, desenvolve
o groso da súa carreira docente en Harvard, onde foi profesor emérito.
Autor, entre outros textos, de Teoría da xustiza (A theory of justice,
1971), O liberalismo político, Sobre as liberdades, Debate sobre
o liberalismo político (con J. Habermas), O dereito de xentes e
A xustiza como equidade, A súa obra máis famosa e influente
foi Teoría da xustiza. Nesta obra deseña unha teoría
da xustiza que xustifica a desigualdade social e económica sempre
que se maximice a utilidade dos peor situados na sociedade Finou na súa casa de Lexington (Massachussets, USA), o Domingo 24 de novembro de 2002, víctima de unha insuficiencia cardíaca. |
Crítica de J. Mosterín ó
principio MAXIMIN de Rawls: “John Rawls, no seu libro A Theory of Justice (1971), deduce os seus dous principios de xustiza, que determinan o que el considera unha sociedade xusta, supoñendo que son os que elixiría un axente racional baixo o “veo da ignorancia”, é dicir, sen coñecer a posición que el vai ocupar na sociedade para a que lexisla. De todos modos, Rawls define a racionalidade do axente pola súa aplicación da regra do MAXIMIN, co cal identifica ó racional co timorato, o cal é moi discutible. Na lotería A, se ganas, recibes un millón de dólares; se perdes, non recibes nada. Na lotería B, se ganas, recibes un dólar; se perdes, recibes tamén un dólar. Case todos elixiríamos A, pero se aplicásemos o MAXIMIN, teriamos que elixir B”. (Jesús Mosterín: Ciencia Viva. Espasa. Madrid 2001. páx. 52) |