Aplicación da lóxica ós ordenadores

 

INTRODUCCIÓN

Como é sabido  a linguaxe básica coa que traballan os ordenadores é a denominada linguaxe de máquina, que funciona coma unha linguaxe formal, binaria, é dicir, vén sendo un circuito eléctrico onde só hai dous valores: un circuito aberto e un circuito pechado..

Considerando un circuito aberto como a falsidade lóxica  (valor 0), un circuito pechado como a verdade lóxica (valor 1), verase a relación entre a linguaxe lóxica e a dos ordenadores. O operador conxuntor require interruptores en liña, o disxuntor require interruptores en paralelo. 

Se representamos un interruptor ou un conmutador que deixa pasar a electricidade por unha porta  en cor verde, un interruptor  ou conmutador que impide o paso da electricidade  por unha porta  en cor branco, unha saída de electricidade , por exemplo, unha bombilla acendida  coma un círculo amarelo (equivalente a valor de verdade 1), e unha apagada igual pero en cor  gris (valor de verdade 0), podemos presentar graficamente distintas proposicións lóxicas. 

 


OPERADOR NEGADOR

Este é un operador monádico que vai diante de calquera fórmula ben formada, por exemplo p, á que lle cambia o seu valor de verdade.  Represéntase Ø e lese  "non"

 

  1. Proba a modifica-los valores de p e observa o resultado.

  2. En base ós anteriores resultados elabora a táboa de verdade para  non p


OPERADOR CONXUNTOR

É un operador binario que une dúas formulas ben formadas, por exemplo p e q , escríbese Ù  entre dúas fórmulas ben formadas e lese "e"

Exemplo: p Ù q 

  1. Proba a modifica-los valores de p e q e observa o resultado.

  2. En base ós anteriores resultados elabora a táboa de verdade para p e q

  3. Pon un exemplo en linguaxe natural.


OPERADOR DISXUNTOR

É un operador binario que une dúas formulas ben formadas, por exemplo p e q . Existen dous tipos de disxuntor, o exclusivo (w) e o inclusivo que se presenta aquí. O disxuntor inclusivo escríbese Ú  entre dúas fórmulas ben formadas e lese "ou"

Exemplo: p Ú q 

 

  1. Proba a modifica-los valores de p e q e observa o resultado.

  2. En base ós anteriores resultados elabora a táboa de verdade para p ou q

  3. Busca exemplos da linguaxe natural que se correspondan ó disxuntor inclusivo así como ó disxuntor exclusivo. Observa que expresións se usan na linguaxe natural para ós disxuntores.


OPERADOR BICONDICIONAL

Tamén serve para unir dúas fórmulas ben formadas, de modo que é un operador binario, por exemplo p e q , escríbese  «  entre dúas fórmulas ben formadas e lese "se e só se"

Exemplo: p « q 

 

  1.  Proba a modifica-los valores de p e q e observa o resultado.

  2.  En base ós anteriores resultados elabora a táboa de verdade para p se e só se q


OPERADOR CONDICIONAL

Denomínase tamén implicador, é un operador binario que une dúas fórmulas, por exemplo p e q , escríbese  ®   entre dúas fórmulas ben formadas e lese "se ... entón ..."

Exemplo: p ®  q        (se p entón q)

 

  1. Proba a modifica-los valores de p e q e observa o resultado.

  2. En base ós anteriores resultados elabora a táboa de verdade para se  p entón q

 

 



  Nombre y Apellidos
Mª Ángeles Costa Giráldez
© Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Año 2002