Guía e consellos para a
Os pasos previos à Composición de Texto sobre un Tema de tipo filosófico.
Que facer antes de redactar o comentario?
Antes de empezar a redactar, o alumno debería (esta parte non se redacta no exame, é simplemente un exercicio previo ó comentario que sirve de axuda ó alumno):
Ler o texto detidamente intentando comprendelo en tódolos seus puntos. O alumno poderá lelo varias veces se así é necesario. A miúdo non entendemos que nos quere transmitir un texto ata que non o lemos varias veces.
Localizar o tema do texto. De que trata o texto? De que “vai”? De que nos “fala”? É importante afinar ben neste punto, pois todo o exercicio depende de se identificamos ben o tema do fragmento.
Asegurarse de que entendemos a tese ou mensaxe principal do texto. Para iso podemos preguntarnos que nos quere comunicar o autor a través do fragmento. Usualmente a tese ou idea principal do texto soe ser unha puntualización acerca do tema tratado (ver exemplo). Podemos subliñala doblemente sobre o texto.
Localizar despois as ideas secundarias e tratar de formulalas claramente, a ser posible cunha expresión propia e diferente á do texto. Podemos subliñalas sobre o texto.
Identificar os conceptos clave. Son os termos que máis contido portan dentro do texto e que teremos que explicar durante a nosa composición. Estes termos son a miúdo palabras que na teoría do autor a tratar teñen un significado filosófico diferente ó que posúen na linguaxe cotiá (ex. Idea ), ou ben termos específicamente filosóficos (ex. Hilemorfismo ). Podemos redondealos sobre o texto.
Como redactamos unha composición de texto?
Podemos seguir as seguintes pautas a fin de producir un bo escrito. É necesario que no escrito que facemos se distingan claramente tres partes:
1. A INTRODUCIÓN: O CONTEXTO HISTÓRICO-FILOSÓFICO.
Este apartado de carácter introductorio non debe extenderse moito. O alumno debe mencionar cal é o século ó que pertence o autor e o lugar onde desenvolve a súa actividade. Ademáis debe presentar a grandes rasgos cal é o contexto histórico no que vive o filósofo e como era o ambiente cultural e ideolóxico nese momento (ver exemplo).
O alumno non debe olvidar en ningún momento que esta parte serve tan só para introducir e contextualizar ó autor e á temática tratada e que non é en ningún caso a parte máis importante do exercicio.
2. O CORPO OU ANÁLISE DE TEXTO.
O corpo da nosa composición pode construirse en torno a varios puntos. Non é necesario tratalos todos por orde. A orde a seguir dependerá do estilo personal de cada alumno. Na redación todos estes puntos poderán aparecer entremezclados.
· a) Presentación da temática abordada e alusión obrigatoria ó texto.
Podemos empezar a Composición de Texto presentando o tema tratado polo autor no fragmento (que localizamos durante Os Pasos Previos, punto b)). Ó mesmo tempo faremos unha alusión ó texto. En toda a Composición debe aparecer cando menos unha (ver exemplo).
· b) Exposición e explicación da tese e das ideas contidas no texto.
Neste apartado o alumno debe demostrar que entende o contido do texto explicando a tese e o resto das ideas expostas. Para elo, deberá evitar copiar as frases e expresións do texto coas mesmas palabras e deberá esforzarse por explicalas coas súas propias facendo uso dunha expresión persoal.
· c) Ampliación da información: relación das ideas con outros contidos do autor (que non aparecen necesariamente no texto).
Unha vez explicadas as ideas principais do texto o alumno debe relacionalas con outros contidos do autor que axuden a explicalas. O éxito deste apartado depende dos coñecementos que o alumno posúa sobre o autor e da habilidade para utilizalos en relación coas ideas contidas no texto que debe explicar.
En ningún momento o alumno debe utilizar o texto como pretexto para expór toda a información que coñece sobre o autor, si esta non garda unha relación directa co texto a explicar. Non se debe olvidar que se trata da explicación dun texto que aborda un tema concreto e non dun exame onde se interroga sobre o pensamento do autor ó completo.
· d) Análise semántica.
Neste apartado o alumno debe explicar ou definir os termos máis importantes do texto. A miúdo estes termos non significan o mesmo na linguaxe cotiá que na teoría do autor, onde posuirán unha grande carga filosófica. Esta labor pode facerse ó mesmo tempo que se explican as ideas principais do texto.
3. A CONCLUSIÓN.
Este apartado, ademáis de ofrecer un peche formal ó noso escrito sirve para pór en relación a temática do texto coa doctrina ou teses doutros filoósofos, tanto anteriores como posteriores ó autor que nos ocupa.
O alumno poderá igualmente sinalar ata que punto o contido do texto está hoxe en día de actualidade ou incluir unha breve e pequena crítica ou opinión persoal.
Máis, sobretodo, o que o alumno debe facer é mostrar con claridade cal foi a pegada deixada polo autor a comentar. É dicir,como influiron as súas teses nos autores posteriores. (ver exemplo)