"Entendíchelo ben, dixen, á perfección. E agora admíteme tamén que a aquelas catro seccións corresponde a existencia, na alma, de catro estados: á sección máis elevada, a intelección; á segunda, a intelixencia discursiva; á terceira, dálle a crenza, e á última, a conxectura. E axiña, ordena eses estados en razón da súa claridade, tendo presente que participarán dela tanto máis canto máis participen da verdade os seus respectivos obxectos".


Platón: A República, libro VI