| Last additions - Etnográficas da actualidade do noso contorno |

Almanaque28 viewsNas cociñas das aldeas galegas é onde se fai a vida diaria: comer, ver a tele, botar a sesta no banco, falar dos problemas... E na cociña sempre hai un ou dous almanaques. En moitas casas vese que o almanque que regula a vida durante o ano é o que agasalla a funeraria de confianza. Non dá grima, non é mal presaxio, todo o contrario, sábese que en calquera momento se necesita. Ata hai pouco a iconografía era un santo, unha inmaculada, un sagrado corazón... agora chegou a modernidade, dous gatiños.
Jan 18, 2009
|
|

Lembrando a desaparecidos 214 viewsEn xaneiro de 1959 rompe unha presa defectuosa e as augas arrasan en breves minutos toda a vila de Ribadalago, Zamora. Centos de persoas desaparecidas descansan probablemente no fondo do Lago de Sanabria. Familias rotas e destrozadas que non teñen cadáver que honrar e que erixen no lugar onde antes estaba a súa casa un monumento recordando aos seus.Jan 18, 2009
|
|

Lembrando a desaparecidos 113 viewsEn xaneiro de 1959 rompe unha presa defectuosa e as augas arrasan en breves minutos toda a vila de Ribadalago, Zamora. Centos de persoas desaparecidas descansan probablemente no fondo do Lago de Sanabria. Familias rotas e destrozadas que non teñen cadáver que honrar e que erixen no lugar onde antes estaba a súa casa un monumento recordando aos seus.Jan 18, 2009
|
|

Soporte especial par notas necrolóxicas 112 viewsNa vila de Chantada estaban as vidreiras dos comercios e as paredes cheas de esquelas, por iso o concello previsor instalou estes expositores na rúa máis transitada, tiven que agardar un pouco para facer a foto, había varias mulleres consultando as esquelas (é tanta a importancia das notas necrolóxicas na prensa local, que en Chantada hai xente que lles chama, só notas)
Chantada, Decembro 2008Jan 18, 2009
|
|

Soporte especial par notas necrolóxicas 213 viewsMais a/o galego/a concilia perfectamente vida e morte, ledicia e tristuta. Polo que é recomendable ver completo o expositor
Chantada, 29 de Decembro 2008Jan 18, 2009
|
|

Monumento funerario na carreteira no Irixo11 viewsAcostumábase a pór cruces cando morría alguén no camiño. Aínda na actualidade se seguen a poñer cruces ou similares, moitas veces provocadas por accidentes de circulación. E a familia renóvalles as flores. Este monumento está no Irixo (Ourense), é ben actual.
Nov 18, 2008
|
|

Escaparate do mes de novembro de "lamarsalada"14 viewsOrixinal escaparate dunha tenda de roupa para xente xoven. A morte colle tintes humorísticos.
Hai unha certa estética da morte que anda a pegar forte entre un sector da mocidade.Nov 07, 2008
|
|

Escaparate. Camiseta14 viewsEsta é a camiseta que aparece no escaparate do comercio "lamarsalada" de Pontevedra, contendo a lenda: "está morrendo xente que nunca morrera"
Pontevedra, novembro de 2008Nov 07, 2008
|
|

San Andrés de Teixido 0413 viewsCuriosas ofrendas e ex-votos de cera ofrecidos ao santo
31-10-2008Nov 02, 2008
|
|

San Andrés de Teixido 0110 viewsÉ moita a información que hai na rede/guías/etc. sobre san Andrés de Lonxe, san Andrés de Teixido, onde vai de morto quen non foi de vivo.
31-10-2008Nov 02, 2008
|
|

San Andrés de Teixido 0316 viewsFonte por baixo da igrexa á que deben ir beber os romeiros.
31-10-2008Nov 02, 2008
|
|

San Andrés de Teixido 029 viewsImaxe do apóstolo.
31-10-2008Nov 02, 2008
|
|

San Andrés de Teixido 0511 viewsOs familiares do defunto que non tiña ido a San Andrés levan unha vela do tamaño do ofrecido.
31-10-2008Nov 02, 2008
|
|

Tumbas no cemiterio de Pereiró20 viewsVigo. 1-11-2008Nov 01, 2008
|
|

Familia Giménez ante o panteón familiar.16 viewsJuan Giménez estivo de acordo en que se fixeran estas fotos e engadiu: "Sería un punto que me enviase las fotos. Es que para nosotros esto es muy rigoroso"
Deunos a súa direción para que llas mandemos.
O resto da familia preferiu non sair na foto.
Cemiterio de San Mauro. Pontevedra. 1-11-2008Nov 01, 2008
|
|

Panteón da familia Jiménez Montoya15 viewsCemiterio de San Mauro. Pontevedra. 1-11-2008Nov 01, 2008
|
|

Esquecidos 614 viewsEstrañas letras...
Cemiterio de Pereiró. Vigo.1-11-2008
Nov 01, 2008
|
|

Esquecidos 512 viewsAntigos enterramentos na terra.
Cemiterio de Pereiró. Vigo. 1-11-2008Nov 01, 2008
|
|

Esquecidos 4 Detalle13 viewsCemiterio de San Mauro. Pontevedra. 1-11-2008Nov 01, 2008
|
|

Esquecidos 412 viewsCemiterio de San Mauro. Pontevedra. 1-11-2008
Nov 01, 2008
|
|
|
|