Acceso ao Ciclo

Pódese acceder de xeito directo, se se cumpren determinadas condicións, ou mediante unha proba, para a que se reserva o 20% das prazas.
Acceso directo.
Para cursa-los ciclos formativos de grao superior requírese cumprir algún dos seguintes requisitos:
  • Posuír o título de graduado Educación Secundaria.
  • Posuír o título de técnico auxiliar.
  • Posuír o título de técnico.
  • Ter aprobado o segundo curso de bacharelato unificado polivalente(BUP).
  • Ter superado o segundo curso do primeiro ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias (REM).
  • Ter superado o terceiro curso do plan de 1963 das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos.
  • Ter superado o segundo curso do plan experimental.
  • Ter superados outros estudios declarados equivalentes, para efectos académicos, con algúns dos anteriores.
Acceso mediante proba.
Nesta proba de acceso, o aspirante deberá acreditar os coñecementos e as habilidades suficientes para cursar con proveito as devanditas ensinanzas. A proba consta de dúas partes diferenciadas, unha de carácter sociocultural e unha de carácter científico-técnico.
Poden concorrer ás probas aquelas persoas que teñan cumpridos 17 anos ou que os cumpran no ano en que se realicen as probas. Non obstante, os que non teñan esta idade poden concorrer ás probas se teñen superado un programa de garantía social.
As dúas formas de acceso son incompatibles. En todo caso, ó acceso mediante proba unicamente poderán concorrer as persoas que carezan de requisitos académicos que posibiliten o acceso directo.

Ciclo de Informática

O Ciclo de Grao Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes é unha parte importante da formación que podes cursar no IES San Mamede. Nesta páxina podes consultar información relacionada con este interesante ciclo.
Ler máis

Blogs

Profesorado e alumnado do IES San Mamede participa na edición de distintos blogs que podes consultar neste apartado.
Ler máis