Refrixeración dun ordenador con aceite

O alumnado do ciclo de Informática realizou un proxecto de refrixeración líquida dun ordenador mediante aceite vexetal. Podedes observar como un ordenador, acendido, foi mergullado completamente en aceite.
Ao non ser o aceite un condutor de electricidade, o ordenador segue a funcionar con normalidade. O aceite axuda a arrefriar, dun modo silencioso, a calor producida polos compoñentes do ordenador. Ademais, tamén os illa do po a humidade e outros axentes externos.

 

Ciclo de Informática

O Ciclo de Grao Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes é unha parte importante da formación que podes cursar no IES San Mamede. Nesta páxina podes consultar información relacionada con este interesante ciclo.
Ler máis

Blogs

Profesorado e alumnado do IES San Mamede participa na edición de distintos blogs que podes consultar neste apartado.
Ler máis