Video-Manual Instalar Ubuntu/Galinux

Hoxe, 23 de abril, acaba de facerse pública a versión 9.04 de Ubuntu. Ubuntu é un sistema operativo libre, posiblemente sexa a distribución de Linux máis doada de instalar e de empregar. A continuación, amósase un video-manual que explica como instalar Ubuntu nun ordenador que xa ten Windows e "sen perda" de información.

Por outra banda, hai uns meses naceu Galinux. Galinux é un completo sistema operativo de fontes abertas que vén configurado para poder empregar calquera computador compatíbel no noso propio idioma: o galego. Galinux é unha iniciativa da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, da Consellaría de Innovación e Industria (Xunta de Galicia).

Se queres descargar Ubuntu:
www.ubuntu.com/getubuntu

Se queres descargar Galinux: galinux.mancomun.org

Se queres aprender máis acerca de Ubuntu recomendámosche un manual elaborado por Carlos Carrión Álvarez (profesor de Informática do IES San Clemente): acceder ao curso.

E lembra que Galinux está baseado en Ubuntu, polo tanto todo o que aprendas en Ubuntu será directamente aplicable a Galinux.
 


Fonte: FacilWare

Ciclo de Informática

O Ciclo de Grao Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes é unha parte importante da formación que podes cursar no IES San Mamede. Nesta páxina podes consultar información relacionada con este interesante ciclo.
Ler máis

Blogs

Profesorado e alumnado do IES San Mamede participa na edición de distintos blogs que podes consultar neste apartado.
Ler máis