Estatutos da ANPA


TÍTULO I.- DISPOSICIÓNS XERAIS

 

Artigo 1º

1. Coa denominación de “ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS (ANPA) DO  IES SAN MAMEDE DE MACEDA” constitúese unha entidade ao abeiro da Ley Orgánica 1/2002, do 22 de marzo e normas complementarias.

2. A “ANPA IES SAN MAMEDE” ten capacidade xurídica e plena capacidade de obrar, carecendo de ánimo de lucro.

 

Artigo 2º

Esta asociación constitúese por tempo indefinido.

 

Artigo 3º

O ámbito da asociación é local e o seu enderezo fiscal fíxase no Ies San Mamede sito na Rua do Castelo nº 3 de Maceda, Ourense

 

Artigo 4º

As reunións levaranse a cabo nos locais do propio instituto en horas e lugares que non entorpezan o normal desenvolvemento das actividades docentes.

 

Artigo 5º

A ANPA IES SAN MEMEDE créase entre nais, pais e titores de alumnos do IES SAN MAMEDE para o cumprimento dos seguintes fins:

A) Defender os dereitos das nais, pais e titores en todo o que atinxa á educación dos seus fillos

B) Colaborar no labor educativo do instituto, dun xeito especial, nas actividades complementarias ou extraescolares.

C) Orientar e estimular aos pais e titores respecto das súas obrigas en relación coa educación dos seus fillos ou pupilos.

D) Promover e desenvolver actividades deportivas, formativas, culturais e de estudio, así como programas de educación familiar para proporcionar aos pais e titores coñecementos e orientacións relacionados coa súa función educadora.

E) Participar na elección dos representantes dos pais e titores nos órganos colexiados, e no seu caso, concello, provincia, comunidade autónoma ou calquera outra instancia pública de ámbito territorial máis amplo, promovendo candidatos , velando pola pureza do proceso electoral e colaborando na correcta realización das eleccións.

F) Participar nos órganos do instituto, concello, provincia, comunidade autónoma ou administración central do estado, no que estea establecido ou se requira a presencia da asociación

G) Colaborar na elaboración, desenvolvemento ou modificación do regulamento de réxime interior e estatutos do centro.

H) Promover a participación da comunidade escolar no control e na xestión do centro, sostido con fondos públicos, de conformidade co disposto no artigo 27.7 da Constitución española.

I) Fomentar as relacións de cooperación do instituto con outros centros educativos e cos sectores sociais e culturais do contorno.

K) Promover a efectiva igualdade de tódolos seus alumnos sen descriminación por razóns socioeconómicas, idelóxicas, confesionais, de raza, de sexo, etc.

L) Requerir dos poderes públicos o cumprimento das leis, regulamentos e plans de de actuación relativos á educación esixindo a atención e axuda que esta merece.

M) Contribuir ó funcionamento dos servicios do centro entre os diferentes colectivos da comunidade escolar.

N) Promover reunións de colaboración de pais e titores coa dirección e profesorado do centro e contribuír ás boas relacíons.

 

Artigo 6º

Para mellor cumprimento dos seus fins a ANPA IES SAN MAMEDE poderá xuntarse con outras entidades similares, promover unha federación local, comarcal, provincial ou autonómica de asociacións de pais de alumnos, ou solicitar o seu ingreso na federación que ó efecto estivese constituída ou que no seu momento se puidese constituír en calquera dos ámbitos territoriais sinalados.

 

   

TÍTULO II.- DOS SOCIOS: DEREITOS E  DEBERES

 

 

Artigo 7º

Serán socios as familias dos alumnos matriculados no Ies San Mamede na persoa da nai e o pai ou do representante legal, sempre que o soliciten expresamente.

 

Artigo 8º

Serán dereitos dos socios:

A) Elixir e ser elixible para tódalas funcións representativas da asociación

B) Asistir a tódalas asembleas e actos convocados pola xunta directiva, tendo dereito a voz e voto.

C) Tomar parte en tódalas actividades da asociación e utilizar os servizos que se poidan establecer en beneficio dos socios

D) Dirixir peticións e propór iniciativas ós órganos de goberno da asociación.

E) Solicitar á xunta directiva e recibir desta canta información precisen para a xestión asociativa. 

 

Artigo 9º

Serán deberes dos socios:

A) Respectar e cumprir o establecido nos estatutos e nos acordos adoptados polas asembleas ou órganos de goberno da asociación.

 

B) Contribuír economicamente ó sostemento da asociación, do xeito que se estableza na asemblea.

C) Colaborar activamente coa xunta directiva para o mellor cumprimento dos fins da asociación e conseguir a máxima eficacia na execución dos mesmos.

D) Asistir ás reunións da asemblea xeral.

 

Artigo 10º

Os dereitos e deberes corresponden por igual á nai e ó pai ou titor ou titora, tendo dereito cada un deles a voz e voto independente.

 

Artigo 11º

1) A condición de socio perderase:

A) Por propia petición do interesado, dirixida por escrito ao presidente/a da xunta directiva

 

B) Por causar baixa como alumno do colexio os fillos ou titelados do socio.

C) Por expulsión decidida pola asemblea xeral, a iniciativa da xunta directiva, coa maioría esixida no artigo 13º.5, por algún dos seguintes motivos:

C.1) Por incumprimento inxustificado no pagamento das cotas regulamentariamente establecidas.

C.2) Por incumprimento dos estatutos ou pola realización de actos contrarios ou desleais co espíritu destes.

C.3) Por utilización da asoción con fins alleos aos espicificados por esta.

C.4) Cando proceda en dereito por calquera outro motivo

2) Se a xunta directiva, despois de ter oído ao interesado, acorda que, en aplicación do establecido nos presentes estatutos, procede a expulsión do dun socio, poderá optar, segundo a gravidade do motivo que a produza e valorando a aplicación de medidas que, sen conculcar os dereitos do socio, mellor defendan os intereses da asociación:

A) Por facer efectivo o seu acordo ata a seguinte asemblea xeral que se convoque, que adoptará, despois de oír a argumentación da xunta directiva e as alegacións que o interesado puidese formular, o acordo definitivo.

B) Por deixar, cautelarmente, sen efecto o acordo ata a seguinte asemblea xeral que se convoque, que adoptará o acordo definitivo seguindo o mesmo procedemento establecido no apartado A

3) En calquera caso, a decisión de expulsar a un socio deberá ser acordada pola asemblea xeral e as accións ou medidas anteriormente adoptados neste sentido, pola xunta directiva, non darán lugar a acción de reclamación de responsibalidades xurídicas ou que excedan da aplicación de medidas internas, dentro da propia asociación.

 

 

 

TÍTULO III.- DOS ÓRGANOS DE GOBERNO


Artigo 12º

A asociación estará rexida pola asemblea xeral de socios e pola xunta directiva, coas funcións e competencias que nos capítulos 1 e 2 de este título se especifican.

 

 

Capítulo 1: da asemblea xeral.-

 

Artigo 13º

1) A asemblea xeral de socios é o órgano de expresión da vontade da asociación e estará formada por tódolos seus membros.

2) Runirase, cando menos, unha vez  ao ano en sesión ordinaria, no primeiro trimestre do curso para aprobación das contas, orzamento anual e programa xeral de actuación social. Reunirase en sesión extraordinaria sempre que o solicite formalmente un tercio dos asociados, ou por acordo da xunta directiva.

3) Tódalas asembleas serán convocadas polo/a presidente/a, con expresa indicación da orde do día establecido pola xunta directiva, na que figurará sempre un punto dedicado a rolda aberta de intervencións. As convocatorias, tanto para asembleas ordinarias como extraordinarias, serán comunicadas cunha antelación mínima de corenta e oito horas.

4) A asemblea xeral quedará validamente constituída, en primeira convocatoria, cando asistan a metade máis un dos socios.

5) Os acordos da asemblea serán adoptados por maioría simple de votos agás nos casos seguintes.

Requerirase maioría de dous tercios dos presentes para:

a) Disposición de alleamento de bens.

b) Solicitide de declaración de utilidade pública da asociación.

c) Modificacións estatutarias.

d) Nomeamentos e ceses, non voluntarios, de membros da xunta directiva.

Requerirase maioría de dous tercios dos presentes, que ademáis represente á maioría absoluta dos socios para:

e) Expulsión dun socio.

f) Disolución da asociación.

 

  

Capítulo 2: da xunta directiva.-

 

Artigo 14º

A asociación estará administrada por unha xunta directiva composta por:

  • presidente/a

  • vicepresidente/a

  • secretario/a

  • tesoureiro/a

  • vocais

 

Artigo 15º

1) A xunta directiva terá un periodo de xestión de dous anos e tódolos cargos serán reelixibles.

2) As vacantes que se puidesen producir na xunta directiva, esta poderá deixalas vacantes, cubrilas provisoriamente ou acumular cargos nos seus membros, ata que se leve a cabo a seguinte asemblea xeral. Calquera socio poderá presentar na secretaría da asociación a súa candidatura para cubrir a vacante antes da asemblea xeral correspondente.

3) A xunta directiva reunirase sempre que fose convocada polo presidente/a, expresando hora, lugar e orde de día, no que haberá un punto de rolda aberta. Os acordos adoptaranse por maioría dos membros presentes.

4) As funcións da xunta directiva serán as segintes:

a) Execución dos acordos adoptados na asemblea xeral.

b) Xestión de tódolos asuntos que sexan de interese para a asociación.

c) Presentación á asemblea xeral dos orzamentos, contas e programa anual de actividades.

d) Admisión de socios e proposta á asemblea xeral para a expulsión, de ser o caso.

e) Organización dos distintos servicios da asociación.

f) Programación das actividades.

g) Salvagardar o cumprimento dos fins estatutarios.

 

Artigo 16º

O presidente/a da xunta directiva, que o é así mesmo da asociación, representaraa en toda clase de actos públicos e privados e ostentará a súa representación xurídica perante calquera organismo oficial ou entidade particular, correspondéndolle ademais:

a) Convocar e presidir as reunións da asemblea xeral e da xunta directiva, dirixir os debates e moderar as discusións, podendo decidir se procede a votación de calquera asunto que estime xa foi suficientemente debatido.

b) Responder perante a asemblea xeral da xestión realizada pola xunta directiva.

c) Fixar a orde do día da xunta directiva.

d) Executar os acordos que se adopten e tomar as decisións de urxencia que considere convenientes, sen previa consulta á xunta directiva, pero dándolle conta a esta na primeira sesión que se leve a cabo.

e) Ordenar os pagamentos visados polo tesoureiro e asinar co secretario as actas das sesións e demais documentos expedidos pola asociación.

f) Manter coa dirección do instituto os contactos necesarios e as relacións convenientes para a consecución dos fins asociativos, representando á asociación nas reunións cos profesores do centro.

 

Artigo 17º

O vicepresidente/a subsistirá no seu cargo ó presidente/a no caso de ausencia, enfermidade ou calquera outra circunstancia que o faga necesario, con plenas funcións. O presidente/a poderalle delegar as competencias para a xestión de asuntos determinados ou un conxunto dos mesmos, trala conformidade da xunta directiva. O vicepresidente/a asumirá as funcións do presidente/a con carácter provisorio, cando o titular cese no seu cargo.

 

Artigo 18º

Corresponde ao secretario:

a) Convocar de acordo co presidente/a as sesións ordinarias e extraordinarias

b) Actuar como tal nas sesións de calquera clase que se leven a cabo, tomando debida nota de todo se trate, para a redación das correspondentes actas. Lerá en cada sesión a acta anterior, no caso de que sexa aprobada, trasladará a manuscrita ao libro de actas, co visto e prace do presidente/a.

c) Terá ao seu cargo os arquivos, ficheiros, libros oficiais e, de acordo co presidente/a, encargárase de atender a correspondencia, comunicacións e certificacións da asociación, recopilará e arquivará toda clase de memorias, cartas, informes, circulares e calquera outro documento das distintas comisións.

d) Levará ao día, escrupulosamente, o libro de rexistro de socios, anotando nel as altas e baixas que se produzan, dándolle conta ao tesoureiro/a para os efectos contables.

 

Artigo 19º

Serán atribucións do tesoureiro/a:

a) Asinar, xunto co presidente/a, os recibos ou cheques e demais documentos contables.

b) Encargarse da redacción e conservación dos fondos e bens da asociación, levando os correspondentes libros de contabilidade.

c) Efectuar o pagamento das facturas, que levarán o visto e prace do presidente/a. Poderá facer efectivos, sen previa autorización, pequenos gastos necesarios para o funcionamento, dando conta dos devanditos pagamentos á xunta directiva, na primeira sesión que se leve a cabo.

 

Artigo 20º

O vicetesoureiro/a colaborará co secretario/a e co tesoureiro/a, podendo substituír a calquera deles nas súas funcións, por delegación, ausencia ou cese.

 

Artigo 21º

Ademais das súas funcións ordinarias de colaboración, os vocais poderán encargarse, por acordo e delegación da xunta diractiva, de coordinar algunha das actividades desenvoltas pola asociación, sendo neste caso vocaisdelegados.

 

Artigo 22º

Serán causas de cese no cargo da xunta directiva:

a) Petición propia, mediante demisión por escrito, dirixida ao presidente.

b) Expiración do mandato

c) Perda da condición de socio

d) Decisión de maioría dos demais membros da xunta directiva, tras oír ao interesado, que poderá recorrer perante a seguinte asemblea xeral que se convoque. En todo caso o cese definitivo será acordado pola asemblea xeral polo procedemento e maioría establecidos nos artigos 11º e 13º destes estatutos.

 

Artigo 23º

1) Cumprido o periodo de xestión de dous anos efectuarase a elección da nova

 

xunta directiva no trascurso da asemblea do curso.

2) De non presentarse candidatos á xunta directiva, os membros da xunta directiva saínte seguirán en funcións como xunta xestora e no prazo que estimen prudente convocarán unha nova asemblea con dous puntos a tratar:

a) Elección de candidatos.

b) Caso de non presentarse candidatos: disolución da asociación.

 

Artigo 24º

A xunta directiva constituirase baseándose nos seguintes puntos:

a) No prazo máximo de 10 días naturais reuniranse os candidatos elixidos pola asemblea e procederase á constitución da nova xunta directiva por consenso de tódolos candidatos elixidos e presentes, de non haber consenso, cada cargo será elixido independentemente por votación secreta.

b) Unha vez formada a nova xunta directiva, informarase da constitución da mesma ao socios e presentarase á dirección do centro.

c) A xunta directiva saínte fará un traspaso de cargos, estado de contas, procedementos de actuación, programas en curso e proxectos, e de todo aquilo que consideren de interese para a nova xunta directiva. Con este fin concertarán unha ou varias runións, de toda a xunta ou por cargos.

 

 

 

TÍTULO IV.- DO PATRIMONIO, RECURSOS ECONÓMICOS E ORZAMENTO ANUAL

 

 Artigo 25º

A “ANPA IES SAN MAMEDE”,  carece de patrimonio fundacional. O patrimonio que se vaia constituíndo estará composto por tódolos bens que se adquiran para a realización dos fins sociais.

A administración do patrimonio da asociación corresponde á xunta directiva, que dará conta da súa xestión perante a asemblea xeral de socios.

 

Artigo 26º

Os recursos económicos da asociación consisten en:

  • rendas do patrimonio

  • cotas ordinarias e extraordinarias dos socios

  • beneficios que producisen os actos, publicacións, etc.

  • donativos, subvencións, legados ou doazóns que poidan legalmente aceptarse e procedan de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, nacionais ou estranxeiras

  • calquera outro ben non enumerado

 

Artigo 27º

O importe das cotas dos socios será dun mínimo que determinará a asemblea xeral por proposta da xunta directiva. Nembargantes os socios poderán determinar libremente a súa propia cota, sempre que o seu importe sexa superior ao mínimo establecido.

 

Artigo 28º

O presuposto inicial anual terá como límite o importe total resultante das cotas ordinarias aportadas polos socios, podendo ser ampliado, segundo as variacións dos recursos da asociación e das súas necesidades.

 

 

 

TÍTULO V.- DA DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN

 

Artigo 29º

A asociación constitúese por un prazo de duración indefinida. A asemblea xeral, reunida en sesión extraordinaria para este fin, poderá acordar a disolución da asociación.

No caso de disolución, unha vez efectuado a balanzo económico e satisfeitas as débedas que puidesen pesar sobre a asociación, nomearase unha comisión liquidadora integrada por tres membros que se encargará da liquidación do patrimonio social da asociación que, por caracer de ánimo de lucro, o destinará a aquela entidade benéfica, ou adicada a realización de fins educativos con espíritu similar o que anima a asociación disolta, que a asemblea sinale.

Ciclo de Informática

O Ciclo de Grao Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes é unha parte importante da formación que podes cursar no IES San Mamede. Nesta páxina podes consultar información relacionada con este interesante ciclo.
Ler máis

Blogs

Profesorado e alumnado do IES San Mamede participa na edición de distintos blogs que podes consultar neste apartado.
Ler máis