O Entorno

O Entorno do IES San Mamede
 
O Concello de Maceda

O IES San Mamede está situado no concello de Maceda. Sen embargo, a área de influencia do instituto abarca outros concellos, como Baños de Molgas, Xunqueira de Espadañedo, Vilar de Barrio, Esgos, Montederramo e, en menor medida, Paderne de Allariz e Parada do Sil.

Os concellos de Maceda, Baños de Molgas, Xunqueira de Espadañedo e Paderne de Allariz pertecen á comarca de Allariz-Maceda. O concello de Vilar de Barrio pertence á comarca da Limia. Os concellos de Montederramo e Parada do Sil pertecen á comarca de Terra de Caldelas. O concellos de Esgos pertence á comarca de Ourense.

Esta Comarca sitúase nunha dobre depresión topográfica, a de Maceda e a de Allariz, unidas ambas polo cañón que forma o río Arnoia no seu curso alto, de ahí que algúns a denominen tamén Comarca do Alto Arnoia. A depresión de Maceda está situada ao sur dos Altos do Rodicio que, con un fuerte fundimento topográfico, caen orixinando un brusco contacto de orige tectónico. Pechan a depresión outros relieves menores, que corresponden aos somontes finais da serra de San Mamede na súa parte occidental, mentras que as elevacións que a separan da cuenca ourensana son de escasa entidad.

Estamos ante unha Comarca binuclear desde todos os puntos de vista, tanto desde o natural como desde o funcional, o que explica a dobre centralidade. O territorio ten unha funcionalidade diferenciada, dividiéndose os servicios e equipamentos entre Maceda e Allariz, de forma que ningún de eles alcanza a función propia dos centros consolidados. Dada a proximidade e accesibilidade da capital, as relacións tenden a orientarse cada vez máis hacia Ourense . Distinguense dúas áreas: a de Maceda que organiza os Concellos de Xunqueira de Espadañedo, Paderne de Allariz e Baños de Molgas; e por outro lado está Allariz.

O Concello maior en canto a superficie é Maceda (101,9 km2) seguido de Allariz (86 km2). En canto a tamaño poblacional é Allariz a que ten máis habitantes (5.178) seguido de Maceda (3.467). Ambos Municipios son os centros principais da Comarca, tanto a nivel comercial como de servicios e equipamientos.

Historia de Maceda

O ano 138 d. de C. marca a entrada das lexións romanas, comandadas por un famoso militar, Decio Junio Bruto. Para o que se traza unha calzada dende Braga (Portugal) ata Astorga, denominada vía XVIII Antonino o Caracalla. Unha sucesión de estacións termais ó longo desta vía, marcan perfectamente o trazo da mesma: Lobios, Bande e Baños de Molgas.

No Concello de Maceda son tres lugares as testemuñas do paso desta vía: Foncuberta, Tioira e o Alto do Rodicio. A familia de San Rosendo de Celanova aparece no século X como rexente das terras de Maceda, que por aquel entón era unha casa na ribeira de río Sor, denominada " Casale de matianeta"; este nome derivaría logo en Manzaneda da Limia, e Hoxe en Maceda. Logo no século XIII o señor de Ambía Paio Arias mantivo un constante tira e afrouxa por estas posesións da bisbarra de Maceda alegando anteriores doazóns dos seus antepasados ós mosteiros veciños. Polo que Juan Alias o Ares de Novoa da referida casa de Ambía aparece casado con María Fernández, filla da condesa Teresa de Portugal e do Conde Fernández Pérez de Portugal e do Conde Fernando Pérez de Traba. Desta maneira queda consolidada a hexemonía dos Novoa das terras de Maceda e do castelo.

Monumentos e Museos
Igrexas
  • Sta. María, en Asadur
  • Sta. Eulalia, en Escuadro
Cruceiros
  • De Tioira
  • S. Pedro, en Maceda
  • S. Xoán de Vilardecás
  • Santiago, en Zorelle
  • De Maceda
Capelas
  • Ermida de Donfranque
  • Sta. Ana, en Amedo
Petos de ánimas
  • De Maceda
  • De Foncuberta
Pazos
  • Casasoa
  • Vilardecás
Grandes casas
  • Casa natal de D. Pedro de Cuenca. ( Sr. De soga e coitelos, inquisidor)
  • Casa natal do Cardeal Quiroga Palacios. Rúa Cardeal Quiroga Palacis - Maceda.
Canastros
  • En Zorelle, Vilarellos, Piuca, Souto, tioira, Parada, Francos e Bustavalle.
Castelo
!--

A historia de Maceda xira ó redor do seu castelo que foi da vila feudal, e que aínda hoxe conserva restos dun pasado esplendoroso.

A fortaleza xunto coas terras anexas foi recibida en dote por María Fernández, filla do segundo matrimonio de Doña Teresa de Portugal e o conde Fernando Pérez de Traba ó casar co Sr. D. Juan Ares Novoa, orixinarios de Ribadavia e que segue ata o século XVI.

O Castelo de Maceda é o sinal de identidade da vila. A súa arquitectura e elevación causan gran impresión ó visitante; a uns metros do Castelo na igrexa de San Pedro encóntranse o sepulcro labrado na pedra granítica de estilo plateresco que foi enterramento de ilustres membros da casa de Maceda.

-->  A historia de Maceda xira ó redor do seu castelo que foi da vila feudal, e que aínda hoxe conserva restos dun pasado esplendoroso.

A fortaleza xunto coas terras anexas foi recibida en dote por María Fernández, filla do segundo matrimonio de Doña Teresa de Portugal e o conde Fernando Pérez de Traba ó casar co Sr. D. Juan Ares Novoa, orixinarios de Ribadavia e que segue ata o século XVI.

O Castelo de Maceda é o sinal de identidade da vila. A súa arquitectura e elevación causan gran impresión ó visitante; a uns metros do Castelo na igrexa de San Pedro encóntranse o sepulcro labrado na pedra granítica de estilo plateresco que foi enterramento de ilustres membros da casa de Maceda.

Artesanía e Gastronomía

A tradición de traballar a arxila mantense aínda en Maceda dando lugar a verdadeiros artesáns de ornamentación, o que antano foi a fabricación de utensilios de uso doméstico.Tradicionalmente facíanse as "olas" para a medida do viño e "pucheiros" para maza-lo leite, cuncas, xerros, "barreñas", etc. Outro dos oficios artesáns de verdadeira popularidade en Maceda é o artesán de coiro que aínda segue vivo en pequenos talleres da vila.

Festas e Feiras

A feira tivo o seu orixe nun privilexio real de 1.401 que autorizou a súa celebración. Actualmente, son os días 4 e 20 de cada mes, sendo a actividade principal a venda en postos ambulantes, polbeiras e exposición para a venda de gando. Entre as festas destacadas: Romaría de San Pedro (xuño); O magosto ( 11 de novembro), Feira de Gando (20 de xullo), Festa Medieval ( 1º fin de semana de agosto), Festas das Neves (primeiros de agosto), Feira da Caza ( a partir do 14 de agosto), Noites Folk no Castelo ( 14 de agosto).

Os Carnavales "Os Felos": os "Felos" percorren as rúas cun estrepitoso son das "choscas", disfrazando por uns días a personalidade detrás de voluminosas máscaras labradas en madeira. Estes personaxes segundo comentan algúns historiadores baixaban da Serra de San Mamede para parodiar e satiriza-lo Señor Feudal polos seus impostos abusivos, ou ben saían do castelo para cobrar eles directamente. Os traxes de Felo póñeno sempre os solteiros aínda que a veces permítase levalo a algún casado no plan de diversión. Non se permite que o leven mulleres, xa que a máscara representaba a virilidade mais exacerbada.

Actividades

Maceda conta cunha Escola de Equitación Municipal e a posibilidade de realizar diversas rutas de sendeirismo.

Teléfonos
  • CONCELLO 988 46.30.01
  • OFICINA DE TURISMO 988 46.37.61

Ciclo de Informática

O Ciclo de Grao Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes é unha parte importante da formación que podes cursar no IES San Mamede. Nesta páxina podes consultar información relacionada con este interesante ciclo.
Ler máis

Blogs

Profesorado e alumnado do IES San Mamede participa na edición de distintos blogs que podes consultar neste apartado.
Ler máis