Proba de Acceso a Ciclos de Grao Medio

A proba de acceso
Características.
A proba de acceso acredita que o aspirante posúe coñecementos e habilidades suficientes para cursar con aproveitamento estas ensinanzas. É común para tódolos ciclos formativos de grao medio e así se fai constar na certificación. O contido desta proba estructúrase en dúas partes, que abranguen os aspectos sociocultural e científico-tecnolóxico da Educación Secundaria Obrigatoria.
A valoración de cada unha destas partes expresarase mediante a cualificación de "apto" ou "non apto" e para a superación da proba será necesario obte-la cualificación de apto en ámbalas dúas partes.
  • Parte sociocultural.
    Comprensión e expresión de textos escritos con propiedade, autonomía e creatividade, en galego e en castelán; coñecemento da historia, da xeografía e da nosa tradición e patrimonio cultural; análise dos mecanismos e os valores que rexen o funcionamento das sociedades.
  • Parte científico-tecnolóxica.
    Resolución de problemas nos campos das matemáticas e da tecnoloxía, mediante procedementos de razoamento lóxico; realización de exercicios que utilicen códigos científicos e técnicos; aplicacións do desenvolvemento científico e tecnolóxico e a súa incidencia no medio físico e social.
Inscripción e realización.
Celebraranse probas de acceso ós ciclos de grao medio na convocatoria de xuño. A inscrición para as probas de acceso ós ciclos formativos de grao medio farase na secretaría dos institutos públicos de Ensino Secundario nos que se impartan ensinanzas de Formación Profesional específica, nos meses de maio e setembro, nas datas que determine a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, segundo o modelo de inscrición que se facilite para tal efecto.
Exencións da proba de acceso.
Poderán quedar total ou parcialmente exentas da proba de acceso ós ciclos de grao medio as persoas que acrediten ter superadas na súa totalidade as probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
Períodos de inscrición e calendario de celebración da proba.
Celebraranse probas de acceso ós ciclos de grao medio na convocatoria de xuño. A inscrición para as probas de acceso ós ciclos formativos de grao medio farase na secretaría dos institutos públicos de Ensino Secundario nos que se impartan ensinanzas de Formación Profesional específica, nos meses de maio e setembro, nas datas que determine a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, segundo o modelo de inscrición que se facilite para tal efecto.
Validez da certificación de superación da proba.
Ás persoas que superen as referidas probas expediráselle-la acreditación correspondente.
 
Descargas de probas de acceso

Podes descargar os modelos de exames das probas de acceso a ciclos medios, e exames correxidos de convocatorias anteriores. Para mais información podes visitar http://www.edu.xunta.es/fp

Tamén podes descargar esa información (actualizada ata as probas de 2010) na clicando neste párrafo.

Ciclo de Informática

O Ciclo de Grao Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes é unha parte importante da formación que podes cursar no IES San Mamede. Nesta páxina podes consultar información relacionada con este interesante ciclo.
Ler máis

Blogs

Profesorado e alumnado do IES San Mamede participa na edición de distintos blogs que podes consultar neste apartado.
Ler máis