Saídas Profesionais de Ciclo SMIR

Saídas profesionais
 
Competencias profesionais, persoais e sociais.
  • Determinar a loxística asociada ás operacións de instalación, configuración e mantemento de sistemas microinformáticos, interpretando a documentación técnica asociada e organizando os recursos necesarios.
  • Montar e configurar computadores e periféricos, e asegurar o seu funcionamento en condicións de calidade e seguridade.
  • Instalar e configurar software básico e de aplicación, e asegurar o seu funcionamento en condicións de calidade e seguridade.
  • Reformular as instalacións de cables e a electrónica de redes locais en pequenos contornos e a súa conexión con redes de área extensa, canalizando a un nivel superior os supostos que así o requiran.
  • Instalar e configurar redes locais con cables, sen eles e mixtas, así como a súa conexión a redes públicas, e asegurar o seu funcionamento en condicións de calidade e seguridade.
  • Instalar, configurar e manter servizos multiusuario, aplicacións e dispositivos compartidos nun contorno de rede local, atendendo ás necesidades e aos requisitos especificados.
  • Realizar as probas funcionais en sistemas microinformáticos e redes locais, localizando e diagnosticando disfuncións, para comprobar e axustar o seu funcionamento.
  • Manter sistemas microinformáticos e redes locais, substituíndo, actualizando e axustando os seus compoñentes, para asegurar o rendemento do sistema en condicións de calidade e seguridade.
  • Executar procedementos establecidos de recuperación de datos e aplicacións ante fallos e perdas de datos no sistema, para garantir a integridade e a dispoñibilidade da información.
  • Elaborar documentación técnica e administrativa do sistema, cumprindo as normas e a regulamentación do sector, para o seu mantemento e a asistencia á clientela.
  • Elaborar orzamentos de sistemas á medida cumprindo os requisitos da clientela.
  • Asesorar e asistir a clientela, canalizando a un nivel superior os supostos que o requiran, para achar solucións acaídas para as súas necesidades.
  • Organizar e desenvolver o traballo asignado mantendo unhas relacións profesionais axeitadas no contorno de traballo.
  • Manter un espírito constante de innovación e de actualización no ámbito do sector informático.
  • Utilizar os medios de consulta dispoñibles e seleccionar o máis acaído en cada caso, para resolver nun tempo razoable supostos non coñecidos e dúbidas profesionais.
  • Aplicar os protocolos e as normas de seguridade, calidade e respecto polo medio nas intervencións realizadas.
  • Cumprir os obxectivos da produción, colaborando co equipo de traballo e actuando consonte os principios de responsabilidade e de tolerancia.
  • Adaptarse a diferentes postos de traballo e a novas situacións laborais orixinadas por cambios tecnolóxicos e organizativos nos procesos produtivos.
  • Resolver problemas e tomar decisións individuais seguindo as normas e os procedementos establecidos definidos dentro do ámbito da súa competencia.
  • Exercer os seus dereitos e cumprir as obrigas derivadas das relacións laborais, consonte o establecido na lexislación vixente.
  • Xestionar a súa carreira profesional, analizando as oportunidades de emprego, autoemprego e aprendizaxe.
  • Crear e xestionar unha pequena empresa, realizando un estudo de viabilidade de produtos, así como a planificación da produción e da comercialización.
  • Participar de xeito activo na vida económica, social e cultural, cunha actitude crítica e responsable.
Cualificacións e unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais incluídas no título.
  • Sistemas microinformáticos, IFC078_2 (Real decreto 295/2004, do 20 de febreiro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:
    • UC0219_2: Instalar e configurar o software base en sistemas microinformáticos.
    • UC0220_2: Instalar, configurar e verificar os elementos da rede local segundo procedementos establecidos.
    • UC0221_2: Instalar, configurar e manter paquetes informáticos de propósito xeral e aplicacións específicas.
    • UC0222_2: Facilitarlle ao usuario a utilización de paquetes informáticos de propósito xeral e aplicacións específicas.
  • Montaxe e reparación de sistemas microinformáticos, IFC298_2 (Real decreto 1201/2007, do 14 de setembro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:
    • UC0953_2: Montar equipamentos microinformáticos.
    • UC0219_2: Instalar e configurar o software base en sistemas microinformáticos.
    • UC0954_2: Reparar e ampliar equipamento microinformático.
  • Operación de redes departamentais, IFC299_2 (Real decreto 1201/2007, do 14 de setembro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:
    • UC0220_2: Instalar, configurar e verificar os elementos da rede local segundo procedementos preestablecidos.
    • UC0955_2: Monitorizar os procesos de comunicacións da rede local.
    • UC0956_2: Realizar os procesos de conexión entre redes privadas e redes públicas.
  • Operación de sistemas informáticos, IFC300_2 (Real decreto 1201/2007, do 14 de setembro), que comprende as seguintes unidades de competencia:
    • UC0219_2: Instalar e configurar o software base en sistemas microinformáticos.
    • UC0957_2: Manter e regular o subsistema físico en sistemas informáticos.
    • UC0958_2: Executar procedementos de administración e mantemento no software base e de aplicación do cliente.
    • UC0959_2: Manter a seguridade dos subsistemas físicos e lóxicos en sistemas informáticos.
Postos de traballo.

Hoxe en día, a presencia dun técnico informático é algo imprescindible en calquera empresa de tamaño medio/grande. De ahí que as saídas profesionais dun Técnico en Sistemas Microinformáticos e Redes non teñen por que limitarse a empresas relacionadas co sector informático. Aínda que a opción máis frecuente sexa o traballo nunha empresa informática que preste servizos a outras empresas ou a usuarios particulares, tamén o debe ser a integración no departamento de informática dunha empresa de tamaño medio/grande.

En calquera situación, un Técnico en Explotación de Sistemas Microinformáticos e Redes pode desempeñar as funcións que se describen anteriormente e que se poden resumir nas seguintes:

  • Técnico/a instaladora/a ou reparador/a de equipamentos informáticos.
  • Técnico/a de soporte informático.
  • Técnico/a de redes de datos.
  • Reparador/a de periféricos de sistemas microinformáticos.
  • Comercial de microinformática.
  • Operador/a de teleasistencia.
  • Operador/a de sistemas.
Prespectiva do título no sector
  • O perfil profesional deste título, dentro do sector de servizos, evoluciona cara a unha grande especialización na solución dos problemas comúns en sistemas microinformáticos e redes locais, en pequenos contornos.
  • A evolución tecnolóxica tende a sistemas cada vez máis económicos, o que, unido ao abaratamento do acceso a internet, orixina que os sistemas informáticos sexan considerados como un recurso máis no fogar, e a asistencia técnica tende a se realizar no propio domicilio.
  • A teleoperación, a asistencia técnica remota, a asistencia en liña e os telecentros configúranse como un elemento imprescindible na resposta á demanda de asistencia técnica.
  • As tarefas de montaxe e mantemento han ter que adaptarse á normativa sobre os tratamentos e a xestión de residuos e axentes contaminantes.
  • O grande número de pequenas empresas no sector incrementa a necesidade de que esta figura profesional interveña en tarefas de comercio, participando tamén en labores de tipo administrativo.
  • A presenza activa de empresas en internet está a facer que aumente progresivamente o número de transaccións realizadas por este medio, o que fai que este perfil sexa cada vez máis demandado para colaborar na instalación e no mantemento de servizos sobre a rede.
  • Debido aos rápidos avances e cambios tecnolóxicos do sector, demándanse profesionais nos que se fan imprescindibles actitudes favorables cara á autoformación.

Ciclo de Informática

O Ciclo de Grao Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes é unha parte importante da formación que podes cursar no IES San Mamede. Nesta páxina podes consultar información relacionada con este interesante ciclo.
Ler máis

Blogs

Profesorado e alumnado do IES San Mamede participa na edición de distintos blogs que podes consultar neste apartado.
Ler máis