Seguro Escolar

Protocolo de actuación en caso de accidente escolar
 
Alumnado de 1º ou 2º de ESO
  • O feito poráse en coñecemento dos pais, indicándoselles a necesidade ou non de acudir ao centro.
  • Na secretaría expediráselle a certificación de matrícula e de non cobertura do Seguro Escolar.
  • No caso de que fose preciso, avisaranse aos servizos de urxencias 112.
  • Un/unha profesor/a acompañará ao/á alumno/a ata o momento que cheguen os pais.
  • A prestación será cuberta pola tarxeta sanitaria do/a alumno/a.
Alumnado de 3º ou 4º de ESO, Bacharelato, Ciclo SMIR e PCPI
  • O feito poráse en coñecemento dos pais, indicándoselles a necesidade ou non de acudir ao centro.
  • Na secretaría cumprimentarase o Parte de Accidente correspondente que será visado polo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS).
    • O trámite do visado realizarao o/a alumno/a despois da asistencia sanitaria para o que terá que adxuntar o parte médico.
  • Ademais, na secretaría expedirase a certificación de matrícula e do abono da taxa do Seguro Escolar.
  • No caso de que fose preciso, avisarase ao servizo de urxencias 112.
  • Un/unha profesor/a acompañará ao/á alumno/a ata o momento que cheguen os pais.
  • O Parte de accidente, unha vez visado polo INSS, e a certificación expedida pola secretaría, será entregada no centro onde reciba ou recibira a asistencia sanitaria.
  • A prestación será cuberta polo Seguro Escolar. .

Para calquera outro accidente que non tivese lugar no centro ou realizando actividades promovidas polo mesmo, non sería necesario realizar todos estes trámites, polo que, simplemente, deberían acudir a un centro sanitario coa súa correspondente tarxeta sanitaria, onde o atenderían da mesma forma que se fose acollido ao seguro escolar

Ciclo de Informática

O Ciclo de Grao Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes é unha parte importante da formación que podes cursar no IES San Mamede. Nesta páxina podes consultar información relacionada con este interesante ciclo.
Ler máis

Blogs

Profesorado e alumnado do IES San Mamede participa na edición de distintos blogs que podes consultar neste apartado.
Ler máis