Selectividade

Selectividade curso 2010-2011
  • Estructurase en 2 fases: Xeral e Especifica
  • Os exercicios presentaranse en 2 opcións diferentes entre as que se elixe unha.
Fase Xeral
  • 5 exercicios (1h30min cada un)
  • Pódese empregar galego ou castelán salvo en L. Galega, L. Castelá e L. Estranxeira na que se empregarán os respectivos idiomas.
Exercicio Materias Observacións
Comentario de L. Castelá e Lit.
  • Cada exercicio cualificarase de 0 a 10 con dous decimais
  • A cualificación desta fase será a media aritmética das cualificacións de todos os exercicios expresada con tres decimais
  • Considararase superada esta fase cando a media sexa maior ou igual a 4
  • As cualificacións terán validez indefinida sempre e cando se supere a proba de acceso
Comentario de L. Galega e Lit.
Elixir entre
  • Historia de España
  • Historia da Filosofía
Lingua Estranxeira (comprensión lectora e expresión escrita). Elixir entre:
  • Inglés
  • Francés
Unha materia de modalidade

 
Fase Específica
  • 5 exercicios (1h30min cada un)
  • De carácter voluntaria.
Materias Observacións
  • Elixiranse de entre as de modalidade de 2º Bch., independentemente de que se cursaran ou non
  • Deben de ser distintas da materia de modalidade elixida para a fase xeral (se se examina da fase xeral e da fase específica na mesma convocatoria)
  • Cada exercicio cualificarase de 0 a 10 con dous decimais.
  • Considerarase superada a materia cando se obteña unha cualificación maior ou igual a 5
  • As cualificacións terán validez para o acceso á universidade durante os dous cursos académicos seguintes á súa superación

 
Superación da proba
  • A media ponderada do 60 % da nota media do bacharelato + 40 % da cualificación da fase xeral superada será maior ou igual a 5.
Mellora de cualificacións
  • Fase xeral
    • Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior. ‐
    • As cualificacións terán validez indefinida, sempre que se supere a proba de acceso á universidade
  • Fase específica
    • Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior
    • As cualificacións das materias desta fase terán validez para o acceso á universidade durante os dous cursos académicos seguintes á súa superación.
Máis Información
  • As probas realizaranse no edificio de ferro
  • Descarga de horario

Ciclo de Informática

O Ciclo de Grao Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes é unha parte importante da formación que podes cursar no IES San Mamede. Nesta páxina podes consultar información relacionada con este interesante ciclo.
Ler máis

Blogs

Profesorado e alumnado do IES San Mamede participa na edición de distintos blogs que podes consultar neste apartado.
Ler máis