Titulación: Ciclo Grao Medio SMIR

Competencia xeral
  • Instalar, configurar e manter sistemas microinformáticos, illados ou en rede.
  • Instalar, configurar e manter redes locais en pequenos contornos, asegurando a súa funcionalidade e aplicando os protocolos establecidos de calidade, seguridade e respecto polo medio.
Ensinanzas
Módulo Curso
Montaxe e mantemento de equipamentos
Sistemas operativos monoposto
Aplicacións ofimáticas
Redes locais
Formación e orientación laboral
Sistemas operativos en rede
Seguridade informática
Servizos en rede
Aplicacións web
Empresa e iniciativa emprendedora
Formación en centros de traballo
Obxectivos Xerais
  • Organizar os compoñentes físicos e lóxicos que forman un sistema microinformático, interpretando a súa documentación técnica, para aplicar os medios e os métodos acaídos á súa instalación, á súa montaxe e ao seu mantemento.
  • Identificar, ensamblar e conectar compoñentes e periféricos utilizando as ferramentas axeitadas, aplicando procedementos, normas e protocolos de calidade e seguridade, para montar e configurar computadores e periféricos.
  • Recoñecer e executar os procedementos de instalación de sistemas operativos e programas de aplicación, aplicando protocolos de calidade, para instalar e configurar sistemas microinformáticos.
  • Representar a posición dos equipamentos, das liñas de transmisión e dos demais elementos dunha rede local, e analizar a morfoloxía, as condicións e as características do despregamento, para reformular a instalación de cables e a electrónica da rede.
  • Localizar e fixar equipamentos, liñas, canalizacións e demais elementos dunha rede local con cables, sen eles ou mixta, aplicando procedementos de montaxe e protocolos de calidade e de seguridade, para instalar e configurar redes locais.
  • Interconectar equipamentos informáticos, dispositivos de rede local e de conexión con redes de área extensa, executando os procedementos para instalar e con figurar redes locais.
  • Localizar e reparar avarías e disfuncións nos compoñentes físicos e lóxicos para manter sistemas microinformáticos e redes locais.
  • Substituír e axustar compoñentes físicos e lóxicos para manter sistemas microinformáticos e redes locais.
  • Interpretar e seleccionar información para elaborar documentación técnica e administrativa.
  • Valorar o custo dos compoñentes físicos e lóxicos, e a man de obra, para elaborar orzamentos.
  • Recoñecer características e posibilidades dos compoñentes físicos e lóxicos para asesorar e asistir a clientela.
  • Detectar e analizar cambios tecnolóxicos para elixir novas alternativas e manter a actualización dentro do sector.
  • Recoñecer e valorar incidencias, determinar as súas causas e describir as accións correctoras para as resolver.
  • Analizar e describir procedementos de calidade e de prevención de riscos laborais e ambientais, e sinalar as accións para realizar nos casos definidos para actuar consonte as normas estandarizadas.
  • Valorar as actividades de traballo nun proceso produtivo, identificando a súa achega ao proceso global para conseguir os obxectivos da produción.
  • Identificar e valorar as oportunidades de aprendizaxe e de emprego, analizando as ofertas e as demandas do mercado laboral para xestionar a propia carreira profesional.
  • Recoñecer as oportunidades de negocio mediante a identificación e a análise de demandas do mercado, para crear e xestionar unha pequena empresa.
  • Recoñecer os dereitos e os deberes como axente activo na sociedade, analizando o marco legal que regula as condicións sociais e laborais, para participar na cidadanía democrática.

Ciclo de Informática

O Ciclo de Grao Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes é unha parte importante da formación que podes cursar no IES San Mamede. Nesta páxina podes consultar información relacionada con este interesante ciclo.
Ler máis

Blogs

Profesorado e alumnado do IES San Mamede participa na edición de distintos blogs que podes consultar neste apartado.
Ler máis