|
|
| Páxina Inicial | Área Centro |
|
|
|
FICHA Especie: Aesculus hippocastanum Nome común: castaño de Indias, falso castaño. Familia: Hippocastanaceae Orixe: Albania, Bulgaria, Grecia. |
|
Características
É unha
árbore de moito porte, 20-25 metros, coa copa densa de forma
arrendondada e moi fermosa. As follas son moi grandes, compostas de 5-7 foliolos. Do cor verde escura na face e máis clara no envés. O pecíolo é longo, forte e de cor verde. As follas viran ó amarelo dourado coa chegada do outono. As flores están agrupadas formando panículas de ata 30 cm de longo. Son de cor branca con manchas amarelas ou vermellas. Teñen 5 pétalos, érguense cara arriba e aparecen a finais da primavera. Os froitos son espiñentos verdes cunha forte cuberta que aloxa de 1 a 3 sementes, as castañas. Estas maduran a principios do outono. Son máis grandes e redondas que as do castiñeiro Castanea sativa.
|
|
| Páxina Inicial | Área Centro |