|
|
| Páxina Inicial | Área Centro |
|
|
|
FICHA Especie: Arbutus unedo Nome común: Madroño, Madroñero, Alborecera, Albornio, Borrachín. Familia: Ericaceae Orixe: Litorais da Europa e Irlanda do Norte. |
|
Características Arbusto grande ou árbore que chega a alcanzar os 8-10 m de altura. Follas brillantes de cor verde escuro polo feixe e algo máis claro no envés, elíptico-acuminadas e base atenuada, alternas, dentadas; nervio central máis claro; pecíolo corto, rosado. Tórnanse avermelladas no inverno. Flores brancas ou cremosas, ás veces algo rosadas, en forma de urna e reunidas en inflorescencias péndulas, que nacen no outono xuntamente cos froitos maduros. O froito é unha baia primeiro amarela-anaranxada e posteriormente vermella na madureza; tardan un ano en madurecer, por iso é ideal en xardinería, xa que pode presentar flores e froitos á vez. Son comestibles, pero en grandes cantidades provocan dor de cabeza e poden chegar a emborrachar polo seu contido alcohólico.
|
|
| Páxina Inicial | Área Centro |