|
|
| Páxina Inicial | Área Centro |
|
|
|
FICHA Especie: Prunus laurocerasus Nome común: Laurel cerezo Familia: Rosaceae Orixe: S.O. Asia, S.E Europa. |
|
Características Arbusto ou arboriño sempre verde de ata 8 m de altura, de cortiza grisácea con lenticelas. Follas coriáceas, de varios tamaños e formas, xeralmente oblongas, de 7.5-15 cm de lonxitude e menos dun terzo de anchura como moito con unha marxe enteira ou un pouco dentada; son acuminadas, cunha punta curta. Son verde escuras, lixeiramente amareladas no feixe e verde máis pálidas no envés. Polo envés, preto da inserción do limbo co pecíolo sempre aparecen 2-3 glándulas. Flores aromáticas de cor branca, duns 8 mm de diámetro, reunidas en acios axilares ou terminais erectos que miden 6-12 cm de lonxitude. As flores adoitan aparecer en xaneiro ou febreiro, pero non abren ata Abril. Froitos ovoideos de ao redor de 12 mm de diámetro, de cor púrpura denegrida, contendo unha semente |
|
| Páxina Inicial | Área Centro |