|
Edición electrónica. Podes escoller o número da revista na parte inferior da
páxina. Según o Diccionario da Real Academia Galega
aquelar é un verbo de sentido vago que se usa na lingua coloquial cando non se atopa o adecuado, e que adquire un significado preciso dependendo do contexto en que se use. Ese pode ser o significado desta revista que tedes na man por primeira vez.
No terceiro curso escolar de funcionamento do I.E.S. de Sanxenxo pode ser un bo momento para a aparición dunha publicación que recolla traballos feitos na dinámica normal das clases e que polo seu interese ou calidade merezan darse a coñecer; que informe de saídas, viaxes, excursións, intercambios e experiencias; que ofreza a posibilidade a máis persoas de coñecer os puntos de vista, as opinións, as reflexións de
outras.
Pois eso poder ser esta revista, que cada un lle de o seu propio significado e aplicación. Informar, entreter, divertir, comunicar, educar, intercambiar, e un largo etcétera.
O que sexa ou chegue a ser esta revista vai depender de vós, das vosas colaboracións e traballos, das vosas opinións e gustos; porque vai estar aberta a tódalas persoas que queiran aportar algo. E “vós” quere dicir alumnas e alumnos, profesoras e profesores, persoal, nais e pais, en suma todos aqueles membros da nosa comunidade educativa.
Escolle o número.
|