|
OpenOffice.
Suite similar a Microsoft Office pero gratuita. Contén un
procesador de texto, folla de cálculo, programa de debuxo
vectorial, programa de presentacións, base de datos e edición de
páxinas web. Existen versións para distintos tipos de sistemas
operativos (Windows, Solaris, Linux e FreeBSD). Existe versión en
castelán para Windows e galego para linux.
Nvu
Editor de páxinas web en versións para Windows, Linux e Mac. Na
versión para Linux atópase en fase de traducción ó castelán.
PDF
Creator
Permite crear documentos co formato pdf dende o procesador de texto.
Izarc
É un compresor descompresor de arquivos. Admite directamente moitos
formatos de arquivos comprimidos: 7-ZIP, A, ACE, ARC, ARJ, B64, BH,
BIN, BZ2, BZA, C2D, CAB, CDI, CPIO, DEB, ENC, GCA, GZ, GZA, HA, IMG,
ISO, JAR, LHA, LIB, LZH, MDF, MBF, MIM, NRG, PAK, PDI, PK3, RAR, RPM,
TAR, TAZ, TBZ, TGZ, TZ, UUE, WAR, XXE, YZ1, Z, ZIP, ZOO. A última
versión está traducida ó castelán. Imprescindible.
SafeXP
Permite realizar diversos axustes e desactivar fácilmente funcións
do sistema operativo XP. Está traducido ó castelán.
Spybot
Search and Destroy
Este software imprescindible detecta y elimina do ordenador
programas espia (coñecidos como spyware). Está traducido ó
castelán e galego.
PrintFolder
É unha utilidade que complementa ó explorador de arquivos do
sistema operativo. Permite imprimir ou almacenar nun arquivo os
nomes dos fricheiros dunha carpeta.
SyncBack
Utilidade para facer copias de seguridade. Admite copias en rede.
Audacity
Audacity é un editor de audio para distintas versións de sistemas
operativos (Windows, Linux, Mac). Permite reproducir, gravar,
editar, mezclar, aplicar efectos. Permite convertir discos de vinilo
e cintas a formato dixital.
Easy
Music Composer
Software moi simple de composición musical. Permite composición
automática.
Open-VIP
Editor de vídeo e audio multipista.
WinAmp
Reproductor de audio e video con sintonizador de emisoras de radio
en internet.
CD-DA
X-Tractor
Programa que convirte a mp3 as pistas dun cd-audio. Traducido ó
castelán.
Firefox
É o avegador competidor do Internet Explorer. Según algunhas
fontes, incluso máis estable. Existe tamén unha versión para as
memorias USB e está traducido o castelán.
Hacha
É un programa que permite dividir ficheiros en arquivos máis
pequenos para unilos máis tarde. É evidente a necesidade duna
aplicación deste tipo se utilizamos frecuentemente disquetes.
AVG Free
Antivirus gratuito para uso personal permitindo actualizacións
por internet.
Zone
Alarm
Imprescindible. Este firewall permite controlar as aplicacións
que acceden a internet e bloquear accesos ó noso equipo. Existe
unha versión en castelán.
Incape
É un programa de debuxo vectorial similar o Adobe Illustrator.
Photofiltre
Este programa é un potente editor de fotografías. Está
traducido o castelán sendo preciso descargar un arquivo auxiliar
que é o encargado de traducir os menús do programa.
Gimp
Este programa é un potente editor de fotografías similar o
coñecido Fotoshop. Existen versións para sistemas operativos
Windows, Linux e Mac. Está traducido o castelán.
Pixia
Pixia é un programa de debuxo moi popular en Xapón. Ten a
posibilidade de utilñizar capas, diferentes tipos de efectos.
Existe unha versión en castelán. A páxina principal do programa
está en xaponés.
Páxina
en castelán sobre Pixia.
Irfanview.
É un potente visualizador de imaxes que permite aplicar efectos
e realizar presentacións. Está traducido o galego e castelán.
Evilfoto
É un programa que permite clasificar e catalogar fotografías.
Permite realizar presents, crear calendarios e puzzles. Os menús
están en castelán.
Vision
PE
A versión para uso persoal deste programa permite montar un
sistema de vixianza se depoñemos dunha webcam. As imaxes gárdanse
no ordenador.
DCAM
Server
Este software permite montar un sistema de vixianza se
depoñemos dunha webcam. As imaxes captadas pola cámara, son
colocadas nunha páxina en internet.
AceFTP
Este programa permite realizar transferencias de arquivos en
internet.
E finalmente, para saber máis sobre programas gratuitos:
http://www.all4you.dk/FreewareWorld/links.php
http://sourceforge.net/
|