Ciencias para o Mundo Contemporáneo 1º Bacharelato
(CMC1ºBACH)
Este curso esixe unha chave de inscriciónEsta materia debe contribuir a dar unha resposta axeitada para que a cidadanía teña coñecementos suficientes para tomar decisións reflexivas e fundamentadas sobre temas científico-técnicos de incuestionable trascendencia social e poder participar democráticamente na sociedade para avanzar hacia un futuro sostible para a humanidade.Trátase de responder a interrogantes sobre temas de índole científica e tecnolóxica con gran incidencia social. Non se pode limitar a suministrar respostas, pola contra ten que aportar os medios de búsqueda e selección de información, de distinción entre información relevante e irrelevante, de existencia ou non de evidencia científica, etc. En definitiva, deberá ofrecer ós estudantes a posibilidade de aprender a aprender, o que lles será de grande utilidade para o seu futuro nunha sociedade sometida a grandes cambios científico-tecnolóxicos e de transformación de modos de vida, que están provocando graves problemas ambientais e que co seu tratamento e resolución poden contribuir a futuros cambios en ciencia e tecnoloxía.
Ademais, contribúe á comprensión da complexidade dos problemas actuais e as formas metodolóxicas que utiliza a ciencia para abordalos, o significado das teorías e modelos como explicacións humanas aos fenómenos da natureza, a provisionalidade do coñecemento científico e os seus límites. Así mesmo, ha de incidir na conciencia de que a ciencia e a tecnoloxía son actividades humanas incluídas en contextos sociais, económicos e éticos que lles transmiten o seu valor cultural. Por outra parte, o enfoque debe fuxir dunha ciencia academicista e formalista, apostando por unha ciencia non exenta de rigor. Pero que teña en conta os contextos sociais e o modo en que os problemas afectan ás persoas de forma global e local.
Textos informativos e diferentes actividades relacionadas coas investigacións e tecnoloxías de última xeración no terreo das Ciencias.