| 5 | Que é unha wiki?
Un wiki é un tipo especial de páxina Web que se compón cun texto que usa a sintaxis wiki, esto é que nunha páxina wiki non se utilizan as marcas HTML senón uns sÃmbolos convencionais mecanografiados ao mesmo tempo que o texto (en Moodle podese usar HTML).
Pero a caracterÃstica fundamental dunha páxina wiki consiste en que é modificable polos usuarios. Unha páxina Web normal é un recurso de só-lectura, non podemos acceder ao texto dunha páxina e cambialo ou engadir contidos.
Unha wiki permite participar aos estudantes na creación dos contidos do curso, xa non serán só elementos unidireccionales de só lectura. Ademais, o wiki pode ser mantido non só por un único autor senón por unha comunidade de autores: implica un esforzo colaborativo.
Tarefa: Elaborar unha wiki co seguinte contido:
Páxina 1.- Que é unha wiki?, en qué se diferencia dunha páxina Web. Sitios gratuitos na Web onde aloxar as nosas wikis. Crear enlaces ou ligazons a elas.
Páxina 2.-Que é o Software libre?, Que significa Software propietario? É o mesmo software libre que gratuito.
Páxina 3.-A que chamamos Web social? Que son as redes sociais? Para qué serven ? Cales son as particularidades de cada unha? Cales coñeces? Enlaces a elas. Vantaxes e inconvintes. Precaucions e recomendacions.
Páxina 4.- Protección do ordenador. Os sistemas operativos Windows sempre estiveron en perigo de ser atacados por virus, troianos e spyware de todo tipo. Pola contra, os Sistemas Operativos baseados en GNU/Linux están sendo respetados.¿Por qué?
- Averigua o significado de spyware e phishing.
- Analiza as diferenzas entre os virus e os troianos.
- Enumera algún antivirus comercial.
- Enumera algún antivirus de código aberto.
- Explica como funciona un cortafuegos ou firewall.
- Analiza si o cortafuegos do teu Sistema Operativo está activado ou non.
Páxina 5.- Sistema operativo baseado en linux. UBUNTU
- Cal é a versioón de Ubuntu que tes instalada?
- Onde a instalache?
- Que programa empregache?
- Explora o escritorio do Ubuntu e intenta cambiar o fondo ou a apariencia do escritorio.
- Cal é o esplorador de arquivos no Ubuntu?
- Que navegador de internet emprega o Ubuntu? por qué?
- Que aplicación posue para escribir textos? proba, notas algunha diferencia co bloc de notas
- Que aplicación ten para debuxar? proba, ten algunha diferencia co paint
Páxina 6.- Tratamento dixital de imaxes.  Existen diferentes tipos de imaxes, cada unha delas con caracterÃsticas que as fan axeitadas para distintos fins.
- Enumera os distintos tipos de imaxes que poidas atopar e as súas extensions.
- Explica as principais diferencias entre elas.
- Que programas (software libre ) poden ler-crear os distintos tipos de imaxes?
- De qué depende a calidade dunha imaxe dixtal?
- De qué factores depende o tamaño que ocupa unha imaxe nunha unidade de almacenamento?
Criterios de cualificación:
- A calidade dos contidos, si se obtén información de outras páxinas, debe mencionarse.
- A información debe estar contrastada, é dicir consultada de varios sitios e comparada, o contido será o resumo ou conclusión do leido.
- Valoraráse o emprego dos recursos xá coñecidos (fotografÃas, imaxes, vÃdeos, podcast, hiperligazóns....)
Wiki da Aula de TIC
| 
|