A seguinte tarefa consiste en realizar unha plantilla para unha factura, de xeito que conteña os seguintes datos:

  • Logotipo da empresa ( inventado por vos) podedes empregar unha imáxe prediseñada ou un arquivo *.gif de internet.
  • Nome, dirección, teléfono, CIF, correo eléctrónico e dirección WEb da empresa.
  • Recadro para poñer o destinatario da factura, deberá levar Nome,Dirección, Teléfono e NIF
  • A data de emisión da factura e o número de factura.
  • Unha táboa coas seguintes columnas: Nº ou código, concepto, cantidade ou numero de unidades, precio por unidade, importe (producto*nº unidades)
  • Na parte inferior deberá conter, a suma de tódos os importes (base impoñible)
  • O IVE do 16% aplicado a base impoñible
  • A suma da Base Impoñible mais o IVE que será o importe total da factura.
  • As celas deben ter unha configuración tal que onde se debe introducir números non se poda introducir texto, as celas que conteñan datas non admitan números, e as que conteñen texto non podan introducirse números.
  • As que conteñen texto fixo, deben estar bloqueadas, para que non sexa posible modificalas.

Dispoñible para: Venres, 17 de Abril de 2009, 10:00
Data de vencemento: Luns, 4 de Maio de 2009, 12:30