Co gallo da publicación da revista Planteta Lingua, do departamento de Normalización Lingüistica, convocase os alumnos de TIC a redacción dun artigo de opinión, será seleccionado o mellor (redacción e contido ) polo departamento para a súa publicación na revista.
O artigo tratará sobre:
- O uso das TIC no instituto.
- Contidos que se tratan na asignatura de TIC, para que o resto do alumnado coñeca a asignatura.
- Utilidade do aprendido no futuro, e como pode repercutir esta área na súa formación.
- Como vedes a incorporación xeneralizada das TIC o resto das áreas.
- Comparación do método de ensino tradicional co ensino que emprega as TIC.
- Opinión persoal sobre o atractivo das mesmas.
- Lonxitude máxima de 1 páxina.
- Tamaño de letra 12
- formato WORd ou Open Office Writer.
Como último paso , xa que é un artigo de opinión podedes subilo o voso blog.
| Dispoñible para: | Martes, 21 de Abril de 2009, 10:00 |
| Data de vencemento: | Martes, 28 de Abril de 2009, 16:00 |