Entre os séculos IV e VI desenvólvense distintas variantes locais: romana, ambrosiana, galicana, visigótica, mozárabe...Todas teñen como sustracto común ás comunidades cristiáns primitivas.
- Liturxia ambrosiana: Milán. A primeira que se desenvolve con carácter local, arredor da figura de San Ambrosio (340-397), introducindo nas ideas de occidente himnos e cantos antifonais. Esta liturxia sobreviviu á unificación. O máis destacado do seu repertorio son os HIMNOS: 8 estrofas de 4 versos de 8 sílabas, na métrica clásica de tetrámetros yámbicos (4 pés yámbicos en cada verso: breve-larga), e a mesma melodía para tódalas estrofas. A interpretación era antifonal.
- Liturxia galicana: reino Franco. Rápidamente sustituída pola romana.
- Canto romano antigo: Roma. Interesouse por fixar por escrito as fórmulas de oración, os textos dos cantos, a orde de interpretación...Adoptou das liturxias primitivas: a salmodia responsorial (solista-asamblea), a salmodia antifonal (semicoros en alternancia), a salmodia aleluiática (que inclúe o "jubilus", melisma da Aleluia) e a salmodia solista (canto do salmo polo director da asamblea).
Entre os séculos IV e V organízase xa unha estructura con liturxias fixadas e créase en Roma a Schola Cantorum (centros de recepción e difusión do repertorio).
No século VI Casiodoro fai referencia a existencia de Synaxis, que eran reunións de carácter relixioso que son fixadas en horas determinadas: Oficio matinal (laudes), Oficios do día, Oficios de tarde e nocturnos.
Fíxase tamén o repertorio da misa, con seccións fixas para todos os días (Ordinario) e seccións variables (Propio).