- Italia.
Produciuse poca polifonía en lingua vernácula (italiano) pero pódense mencionar 150 cancións coñecidas como laude spirituali (XIII-XIV), vinculadas a grupos de errantes penitentes e flagelantes, que cantaban para expiar os pecados do mundo, causa da guerra e a peste negra. Contido sacro pero non litúrxico. (Correlato alemán: geissler).
- España.
A canción monódica en España, debe considerarse unha rama directa do movemento trobadoresco, o cal non é de estrañar dada a vinculación con Francia desde tempos de Guillermo IX.
Primeiras manifestacións: sete cancións de amor de Martín Códax.
Cantigas de Santa María (400 cancións anónimas reunidas no corte de Alfonso X (XIII)). Consérvanse en 4 códices: 1 na Biblioteca Nacional de Madrid, 2 na Biblioteca do Escorial e 1 na Biblioteca Nacional de Florencia. Os 3 primeiros inclúen notación mensural. Unidade temática, escritas para ensalzar á Virxe, de forma directa ou a través dos seus milagres. O propio rei identifícase como trobador no prólogo. A maioría comezan cun retrouso que se repite entre estrofas e ao final. Estrutural xeral de virelai francés ou ballata italiana. Estilo melódico simple, silábico, con escasa ornamentación, graos conxuntos.