Música practicada en zonas da metade sur da Península durante a dominación árabe e fóra do ámbito cristián. O principal problema para o seu estudo é a falta de fontes escritas, por ser de tradición oral.


Coa expansión islámica os árabes foron asumindo elementos musicais das zonas nas que se iban instalando e fóronos mesturando coa súa propia tradición. Así creouse un estilo característico que procedente de Medina chegou ata Damasco.
No século IX, coa chegada a Córdoba de Aberramán I, produciuse a orientalización da sociedade. Chegou Ziryab, músico pertencente á antigua tradición árabe e renovou os costumes da corte, adaptando a música á antigua tradición que el aprendera.


Formas musicais:
- Nawba (vez, alude á vez que debía esperar o músico para intervir diante do califa). O seu inventor foi Ziryab. Acompañada cun tambor que facía fórmulas rítmicas.
- Muwahaba (árabe clásico)
- Zejel (árabe coloquial)