A música relixiosa.
Primeira manifestación: música mozárabe.Cantos litúrxicos da igrexa cristiá ata ser sustituídos polo rito romano no século XI. (Mozárabe: cristiáns que vivían e practicaban a súa relixión baixo o poder político musulmán).
Os manuscritos máis temperáns son de finais do século X: Antifonario de León.
Teóricos: San Isidoro de Sevilla (559-636), autor de “Etimoloxías”.
Cantos en notación adiastemática, diatónicos, ritmo libre, ornamentados, modos eclesiásticos I, II, III.
A música non litúrxica e profana.
As primeiras manifestacións poético-musicais coñecidas en lingua romance son as jarchas (XI): pequenas cancións de amor ou traballo, de orixe popular, que sobreviviron polas anotacións feitas delas nas "moaxajas".
- CANTIGAS D'AMIGO, D'ESCARNIO E MALDIZER.
Consérvanse uns 2000 poemas escritos en galaico portugués, 400 pertencentes ás Cantigas de Santa María e os restantes de orixe profano. Os manuscritos que recollen estas cancións son: o de Ajuda (Lisboa), Biblioteca Vaticana, Colocci-Brancute (Lisboa), folla de cantigas de amigo de Marín Códax.
- Cantiga de amor: paralelo a canço trobadoresca, na que o trobador fai eloxio da dama en primeira persoa.
- Cantiga de amigo: posta en boca da amada, máis sinxela e popular. Cantiga de refrán, utiliza paralelismo e leixaprén (último verso igual que o primeiro seguinte).
- Cantiga de escarnio e maldizer: contrapartida do sirventés, con sátiras de persoas, situacións…
No que fai á música poden ser de mestría (estrofas isométricas e versos isosilábicos) ou de refrán (con retrouso que entona coro e estrofa moi sinxela).
CANTIGAS D'AMIGO DE MARTÍN CÓDAX.
Primeiras manifestacións de lingua vernácula. Son sete cancións de amor, en galaico-portugués, texto e música simple tanto en forma como en estilo, sinxeleza melódica e procedementos de contrafacta. Notación cadrada.
Non se conserva practicamente nada da música. En 1914 o libreiro Pedro Vindel, atopou na encadernación dun vello códice un pergameo contendo 7 cantigas de amigo do trobador Marín Códax, das cales 6 van acompañadas coa música, supostamente orixinal a xulgar pola notación. É un documento excepcional para coñecer como era a música daquel momento (ademais do Perfamino Sharrer que contén 7 cantigas de amor de Don Dinís). A notación é propia do século XIII cun carácter mensural.
Trazos comúns co xénero cantigas de amigo: referencias xeográficas (Vigo), paralelismo e leixaprén, sinxeleza melódica, pequenas células recorrentes, posible conexión narrativa , posible conexión con melodías litúrxicas…
CANTIGAS DE SANTA MARÍA.
Colección máis importante de cancións escritas en galaico-portugués, relacionada coa arte dos trobadores. 400 cancións anónimas reunidas no corte do rei Alfonso I o Sabio (1252-1284), que puido achegar algunhas como autor. Consérvanse en 4 dócides: Biblioteca Nacional de Madrid, 2 na Biblioteca do Escorial e outra na Biblioteca Nacional de Florencia. Os 3 primeiros inclúen notación mensural, o que fai que poidan ser transcritas co moderno sistema de compases e figuras.
Teñen unidade temática: escritas para ensalzar á Virxe, directamente ou a través da narración dos seus milagres. Ben organizadas, hai unha canción para cada milagre, coidadosamente numeradas e con indicacións que identifican o tema de cada unha.
Non están distantes da temática trobadoresca. O propio rei identifícase no prólogo como o trobador da Vigen.
Teñen unidade formal, poética e musical.
O estilo melódico é simple, basicamente silábico, con xiros ornamentais escasos e sinxelos. Melodía por graos conxuntos, con saltos ocasionais de 3ª. Frases curtas, ben definidas. Debían cantarse con instrumentos.
A maioría comezan cun retrouso que se repite entre estrofas e tamén ao final. A súa estrutura habitual é a do virelai francés ou a ballata italiana. Retrouso, estrofa e volta.
Os códices inclúen miniaturas con importante información organológica, con instrumentos situados por parellas nunha actitude didáctica, que ilustra a ténica de execución de diversos instrumentos musicais da época.
• Desde o punto de vista formal poden ser:
- Cantigas de mestría: estrofas isométricas e versos isosilábicos.
- Cantigas de refrán: sinxela, pareado para cada estrofa e un retrouso ou refrán, tal vez coreado; paralelismo e leixaprén (repetición dos segundos versos e unha estrofa como primeiros da seguinte).