3.1.1. Códice Calixtino.
É o máis antigo ca se coñece e pertence á área de influencia de San Marcial de Limoges. Consérvase na catedral de Santiago de Compostela e foi escrito na primeira metade do XII. As pezas que intégrano están compostas e agrupadas para ser cantadas na festividade de Santiago Apóstol, a modo de manual para uso dos peregrinos do Camiño de Santiago. Hai moitas monódicas (tropos e secuencias), pero as máis interesantes son as polifónicas que constitúen un apéndice final do manuscrito. Son de autor anónimo pero figuran nomes de personalidades da época, co obxecto de darlles prestixio.
Contén conducti e organa que van desde estilos moi silábicos ata grandes desenvolvementos melismáticos na voz organal. Tamén inclúe o que se considera o primeiro exemplo de polifonía a tres voces, a canción de peregrinos “Congaudeant Catholici” (Que se alegren xuntos os católicos), cuxo texto completo proba que se trata dun tropo do Benedicamus estruturado en forma estrófica cun retrouso.
3.1.2. Manuscrito de Toledo.
De finais do século XIII, copiado na península por varias mans, confeccionado para o culto da Catedral de Toledo. Tamén indicado como Manuscrito de Madrid, conservado na Biblioteca Nacional de Madrid. Unha das fontes máis importantes da Escola de Notre Dame. Contén conductus, motetes e uns poucos organa. Unha das pezas máis senlleiras que contén é unha invitación ao solfexo (conductus a 2 voces).
3.1.3. Códice das Folgas.
Un dos manuscritos máis representativos do repertorio do Ars antiqua en Europa. Copiado no século XIV para o mosteiro feminino cisterciense das Folgas, en Burgos. Todas as as súas pezas pertencen á Misa e non ao Oficio, que ao seguir o rito cisterciense, debía observar a austeridade dos cantos. Recolle organa, conducti, motetes da última época do Ars Antiqua e obras monódicas, así como un Credo polifónico pertencente ao Ars Nova.