O nacemento da polifonía débese ao desexo de efectuar un embelecemento musical da liturxia. Pode considerarse un tropo no que a nova música aparece ao tempo que o canto.

Comezou sendo un acompañamento non escrito do canto chan. Orixinouse e cultivouse simultaneamente aos tropos e secuencias. A súa invención é o acontecemento máis significativo da historia da música occidental.


A primeira manifestación polifónica que se coñece en Occidente é o ORGANUM, que nas súas primeiras versións consistía na duplicación dun canto chan, preexistente, mediante movemento paralelo, a un intervalo de 8ª, 5ª ou 4ª (IX).

Os primeiros tipos de organum atópanse nos tratados Musica Enchiriadis e Scholia enchiriadis. O canto chan é chamado vox principalis e a voz engadida vox organalis. O resultado é o chamado organum simple, e polo seu movemento, ORGANUM PARALELO. A vox principalis está arriba e as duplicaciones debaixo. (900-1050).

Entre o 1050-1150, aparece o ORGANUM LIBRE, a vox organalis moverase en movemento oblicuo e contrario.

A partir do 1150 ORGANUM MELISMÁTICO OU FLORIDO, en San Martial de Limoges e Santiago de Compostela. A VP co material gregoriano chamarase cantus firmus ou teor, vai en notas tidas. A VO canta facendo melismas sobre cada unha das notas da VP.