Aínda non se escriben ciclos completos de Ordinario ou Propio, senón que se compoñen cheas de pezas polifónicas para cada número da misa, que se elixen segundo a mestre de coro. Estes movementos poden presentar os seguintes estilos de composición:


- Gregoriano: en fragmentos con abundancia de texto. Gregoriano no teor e mesmo texto en todas as voces.


- Motete: Kyrie e Agnus Dei. Cantus firmus no teor (que pode ser isoperiódico) e as voces móvense como no motete isorrítmico.


- Cantilena: texto abundante. Sen cantus firmus, presenta unha melodía condutora na voa superior de libre composición, ou ben unha paráfrase do gregoriano.