Equivalente ao Ars Nova francés. Arte de canción profana para voces masculinas agudas con acompañamento instrumental. Ligada á aristocracia e cortes italianas. Mecenazgo.
Francesco Landini.
As formas cultivadas son:


- Caccia: equivalente á chasse francesa, trata sobre cacería, plagada de interxeccións. Procedementos canónicos, 3 voces con teor instrumental. Estrutura bipartita, contrastante. Imitación de sons da natureza.


- Ballata: consta de refrán de 2 ou 3 versos de 11 sílabas, aínda que poden levar outro de 7. Ademais 2 pieri de 4 versos, seguidos dunha volta similar ao refrán. Ripresa: repetición do retrouso. Non hai contraste entre seccións. (forma = ao virelai francés).


- Madrigal: composición que trata de idilios de pastores, amor, moral ou sátira. Forma estrófica con ritornello a dúas voces e mesmo texto. Teor de invención libre. Estrofas con estrutura de terceto e dous versos que poden ou non ser pareados: abb cdd eff gg gh. Musicalmente: A á'B