1 CONTEXTO HISTÓRICO

• O concepto de Renacemento nace no século XIX, facendo referencia á recuperación da cultura da Antigüidade clásica tralo longo paréntese de “barbarie” que supuña a Idade Media, e ten que ver cunha valoración en clave negativa dos séculos medios.
• Nos séculos XV e XVI producíronse cambios que estarán operativos na cultura europea ata as revolucións burguesas do XVIII e XIX.
• A historiografía xeral fai comezar no século XV unha nova Idade, a Moderna.
• Adoita situarse o Renacemento como fenómeno cultural e artístico nos primeiros anos do século XV, nas cidades italianas do norte e Roma, xunto coas de Flandes e Países Baixos, e por tanto relacionado con áreas de forte desenvolvemento urbano e comercial. Destes focos iniciais se estendería a toda Europa.
• Crecemento económico e demográfico. Leonardo da Vinci. Bases do método científico e experimental.
• Invención da imprenta a mediados do século XV. Vigor das universidades. Humanismo. Antroponcentrismo. A persoa ocupa o lugar central como punto dende o que se observa e valora a realidade, desprazando o ollo de Deus a un plano transcendente.

• Novo concepto de arte: o artista xa non é un artesán ao servizo da inspiración divina, senón un creador que aspira ao estatus de home de ciencia. Arte ao servizo da exaltación do poder persoal de príncipes e Papas. A creación artística convértese nun elemento de prestixio privilexiado, facendo do mecenado unha institución obrigada para calquera poderoso.