2 ASPECTOS XERAIS DA MÚSICA RENACENTISTA
• Concepto de creación nova: a obra musical é a expresión subxectiva do autor, pero realizada conforme unhas regras codificadas. Os músicos reclámanse como poetas, como creadores, porque a través da música non só revélase o mundo externo, sono que se transporta ata o mundo interno e transcendente.
• Recupera o aspecto da formación moral do cidadán e tamén un espazo expresivo que o Estado debe controlar (Platón). Dado o seu valor pedagóxico, ocupa tamén un lugar principal como espazo de ideoloxización, a través de súas formas e textos. De aí a importantia que Lutero lle dá á música dentro das estratexias de expansión da Reforma protestante e tamén a preocupación que mostrou a igrexa católica nas súas sesións do Concilio de Trento.
• Revalorización da formación musical na alta sociedade: Castiglione en “Il Cotegiano” explica que un bo cortesán debe de saber entender e ler música, tocar varios instrumentos… A formación musical forma parte do modelo de perfecto cabaleiro.
• Reafírmase a figura do músico profesional, ao servizo da Igrexa ou Corte. O sistema de mecenazgo permite aos músicos publicar as súas obras.
• A especialización do músico levará á separación crecente entre intérprete e receptor, abrindo o camiño ao concepto moderno de “público”.
• 1501 Octaviano Petrucci publica en Venecia “Harmonice Musices Odhecaton”, realizado en triple impresión (pentagramas, textos e notación).
• Voces mixtas: 4, sonoridade plena.
• Execución a capella, o que non exclúe o uso de instrumentos.
• Concepción vertical das voces, pasándose da idea de consonancia á tríada. 3ª, 5ª, 6ª. Disonancias tratadas dentro das regras de preparación e resolución. Regras da música ficta.
• Melodía diatónica, de ámbito reducido. Motivos recorrentes frecuentes.
• Ritmo gobernado pola idea de tactus: sucesión regular de pulsos
• Textura polifónica, contrapuntística ou imitativa e textura homofónica.
• Relación importante de texto-música. Música ten que expresar os contidos do texto sen enturbiar a súa intelixibilidade. Música reservata (vincúlase a Josquin des Press). Responde a unha experimentación na linguaxe musical: tratar de vincular a música ao texto, contraste entre texturas, ritmos…é unha linguaxe musical tan estricta que é un concepto reservado. Desde o punto de vista social é música para unha elite social.
• Notación branca: só se debúxa o contorno, o ennegrecimiento úsase para indicar peculiariedades rítmicas.
• Estilos: Internacional: 6 xeracións franco-flamencas. Estilo por excelencia do Renacemento. Contrapunto reglado, imitación. Música relixiosa, pero tamén chanson borgoñona.
Nacional: canción en lingua vulgar, 1 ou 2 voces vocais ás que se poden sumar voces instrumentais, harmonía triádica, melodías cadradas claramente delimitadas por cadencias, melodía sinxela e cantábile, ritmo preciso, homofonía.