3 MÚSICA RELIXIOSA
3.1 A música protestante
No 1517 fíxanse as“95 teses de Wittemberg” por Lutero. A partir do 1521, o luteranismo difúndese por toda Europa central. En Inglaterra o contencioso político-diplomático co papado levará á ruptura en 1531 e á adopción da doutrina luterana en 1547.
Lutero mostrouse desde o primeiro momento partidario de aproveitar a música a fondo dentro da praxis litúrxica e social. Coñecedor das ideas aristotélicas e gran seareiro á música de Josquin, concibiu unha dobre praxis: unha máis popular, en lingua alemá, que permitise a participación activa da comunidade, e outra máis elaborada, na tradición do estilo franco-flamenco.
Pola súa banda, os calvinistas, máis austeros, só contemplaban o uso de himnos cantados pola congregación, incluso sen acompañamento de órgano.
O coral é en orixe un canto relixioso monódico, en alemán, cun ritmo sinxelo, melodía de ámbito curto, por graos conxuntos e de estilo silábico. A súa sinxeleza, e o feito de que moitas melodías fosen populares, garantiu a súa difusión. As fontes para a elaboración de corais son eclécticas: cantos da igrexa católica, canto relixiosos non litúrxicos, contrafacta de cancións populares profanas ou composicións expresas, ás que se engaden continuamente outras novas a partir do século XVII.
Evolución:
• XVI: coral de tenor, con melodía no tenor como cantus firmus, homofónico ou contrapuntístico. Sinxelo, con fraseo simétrico, cadencias claras, formas de tradición popular. Walter, Rhaw.
• A partir de 1580: coral de soprano, con melodía en voz superior, acompada por órgano. Praetorius, Hassler, Schein.
• Motete coral, contemporáneo ao de soprano. A melodía do coral como cantus firmus para elaborar un motete en estilo polifónico.
Para a liturxia calvinista, a única fonte o o Salterio Ginebrino, que recolle 125 melodías adaptadas ou orixinais.
Na liturxia anglicana, a separación de Roma non implicou que se deixase de compoñer música para a liturxia católica. Así, William Byrd seguiu compoñendo para este.
Dentro dos cantos anglicanos distínguense tres xéneros:
• Cantos tradicionais e salmos métricos: equivalente ao canto gregoriano ou coral protestante.
• Música figurada para a liturxia, que inclúe partes do Service, e himnos. Podía componerse en dous estilos: great service (contrapuntístico e elaborado) e Short service (homofónico, silábico e máis sinxelo).
O Anthem (himno) é unha das formas máis peculiares. Existen dous tipos: full anthem, para coro a capella en contrapunto e verse anthem, para solista, coro e acompañamento de órgano ou orquestra, máis próxima á expresividade barroca.
• Música relixiosa non litúrxica, para a execución privada e textos devotos non necesariamente bíblicos.
Autores: Thomas Morley e entrando no barroco Gibbons, John Blow.