3 MÚSICA RELIXIOSA
3.2 A música católica

Música católica: franco-flamencos e estilos nacionais.

1ª e 2ª xeración:
- Misa con cantus firmus, no discantus ou no tenor. Tamén misa de divisa, na que todas as seccións usan o mesmo material só ao comezo. Misa sen cantus firmus: misa libre de discantus.
Cada sección da misa é tratada como un motete, en distintos estilos: isorrítmico, estilo chanson (salienta voz superior, estilo declamatorio, 2 ou 3 voces), estilo de discantus inglés (cf na voz inferior e fabordón), estilo cantilena con paráfrase (cf en voz superior salientando, pero tamén pasa ao teor).
Na segunda metade do XV: misa cíclica: estilo semellante en todas as seccións, mesmo cantus firmus, relixioso ou profano. Tamén misa parodia: L'homme armé.
Autores: Dufay: Missa sine nomine, Missa Sancti Jacobi…

- Motete: no XV abandónase a politextualidad. Estilos de composición: chanson (a 3 voces con discantus como voz principal, contratenor e tenor como acompañamento); isorrítmico. Autores: Dufay: motete Nuper Rosarum flores (isorrrítmico), Motete Ave Regina caelorum (cantilena).

2ª e 3ª xeración:
Ockeghem: ambiente relixioso da catedral de Amberes, director da Capilla real de Francia. O máis intelectual, crea unha polifonía con frases encubertas, complicadas estruturas, formas canónicas (Misa prolationem), del consérvase a pimera misa de Requiem da hª da música.

Busnois e Obrecht.
- Misas cíclicas, misa libre de discantus e misa de tenor. Cantus firmus relixiosos e profanos. Empézanse a utilizar contrastes rítmicos e texturales para potenciar a importancia do texto, chegando a saturaciones polifónicas como en Ockeghem.

- Motete: desaparece motete isorrítmico. 4 ou 6 voces, multiseccionales, en latín, con contido textual e funcionalidade relixiosa. Se leva canto gregoriano irá no cantus ou teor e en valores longos.
Josquin: música reservata. 4 voces, tesituras delimitadas, contrastes, fraseo amplo pero delimitado, contrapunto imitativo combinado con seccións homofónicas. Bicinia: material melódico exposto polas primeiras voces é retomado polos dous seguintes. Potenciar ao máximo a expresividade do texto. Estilo imitativo-sintáctico. Misa Hercules Dux Ferrarie, misa Pange Lingua. Motete Miserere mei deus.


4ª xeración.

Willaert: vinculado a san Marcos de Venecia. Cori spezzati.

5ª xeración:

Influencia do Concilio de Trento. O texto tende a entenderse mellor, reacciónase contra o contrapunto esaxerado dos predecesores, pérdese densidade.
Autores: O. di Lasso e Ph. Di Monte.