4 MÚSICA PROFANA
4.1 Compositores
Franco-flamencos e estilos nacionais.
1ª xeración franco-flamenca:
Con Dufay e Binchois desenvólvese a chanson borgoñona, despois chamada franco-flamenca e francesa. Dufay: Adien m'amour . Binchois: De plus en plus.
A tres voces equilibradas, que poden ir acompañadas por instrumentos. Hai imitacións e contrastes de texturas.
2ª e 3ª xeración:
Predominio do tenor de discanto, para o equilibrio de todas as voces, fraseo amplo e fluído, contrastes rítmicos para enriquecer a expresividade do texto, discurso melódico adecuado ao textual. Amplíase a temática. Desenvólvense as formas fixas. Empezan a producirse formas autóctonas, como a panxoliña en España.
Josquin: proceso definitivo de disolución das formas fixas. Estrutura de chanson. 4 voces, todo tipo de repertorios e temáticas. Con el chégase ao equilibrio das 4 voces: todas teñen a mesma importancia. Moitas das súas obras van ser utilizadas como cf de misas, como por exemplo Mille regretz, ou como repertorio básico de vihuelistas españois.
Outros compositores: H. Isaak compón frottolas, lieder, chanson.