5 O GALROCK
En Galicia hai grupos que fan rock en galego , pero tamén hai outros como Siniestro Total , que aínda que só teñen na súa discografía algún título en galego, contribúen ó enriquecemento musical do noso país. Ocorre o mesmo con Los Suaves , que aínda que cante en castelán, sempre traballaron en Galicia, onde realizan as súas composicións e nas súas actuacións adoitan usar algún símbolo relacionado coa nosa terra. Na década dos setenta comezan a aparecer en Galicia algúns grupos, que se inspiran no fenómeno o do rock externo ( Los Zuecos, en Vigo ; Los Spreinters , en Ferrol ). Con todo, nesta época aínda existían prexuízos cara ás linguas vernáculas e era difícil facer rock en galego. Co festival <<Extrume Rock>> que se celebraba en Ferrol, avanzouse un paso máis no percorrido do rock galego. No ano 1979, Los goma 2… de Portonovo, editan o primeiro disco de rock en galego O Galiñeiro 2 e no ano 1980 xorden en Vigo os grupos Siniestro Total e Golpes Bajos. No ano 1982 nacen Os Resentidos que se converterán nos auténticos representantes do rock galego e o seu líder, Antón Reixa, erixíase no voceiro deste estilo de música. Segundo Xurxo Souto dos Diplomáticos de Monte Alto , o seu nacemento non foi premeditado, xa que o que Antón Reixa pretendía era proxectar dunha maneira natural as experiencias poéticas que levaba a cabo cos seus compañeiros do grupo Rompente. (Galicia caníbal, Fai un sol de carallo).
Considérase que están dentro deste grupo todos os grupos galegos que utilicen na súa música instrumentos básicos do rock, canten ou non en galego.
O rock galego ten uns 25 anos de dura traxectoria, desde Los Zuecos en Vigo (anos 70) e os Sprinters en Ferrol, ata a actualidade con grupos como Drinkin Tinto, Psicofónica de Conxo ou Embrace me ocean.