O CANTO GREGORIANO
Este libro está adicado ó canto gregoriano, o canto oficial da Igrexa. Nel trataranse as súas características rítmicas e melódicas, así como a súa notación e historia.
| Sitio: | Aula virtual do IES Sofía Casanova |
| Curso: | Música 3º ESO |
| Libro: | O CANTO GREGORIANO |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | Venres, 13 de Marzo de 2026, 23:04 |
Nos séculos I e II d.C. fórmanse pequenos núcleos de comunidades cristiás primitivas, que eran perseguidas debido ó enfrentamento entre o Estado pagán e as comunidades relixiosas. Estos cristiáns eran considerados seguidores dun certo personaxe histórico que Roma mandou executar. A oración, que era a súa actividade fundamental iba acompañada de música (Rey David, s. X d.C., interpretaba salmos acompañado da súa arpa). Esta é a manifestación musical conocida como salmodia hebráica.
Estas comunidades quixeron asentar os seus principios esctruturando as súas oracións, ordenándoas e creando así progresivamente un repertorio estable. Aparecen entón os salmos e os himnos.
No século III d.C., Clemente de Alexandría consideraba a música como un elemento fundamental para a difusión das ideas relixiosas e atrévese a teorizar sobre ela. Sinala que debe ser unha cantilación monódica, melodías sen adornos, a capella, evitando os instrumentos musicais e mantendo estructuras como os melismas do "jubilus" do Aleluia.
Isto levará ó cristianismo a ser universal polo que se determinan unhas características propias.
No ano 313, co Edicto de Milán, Constantino convírtese ó cristianismo e concede ós cristiáns a libertade de culto. Desenvólvense basílicas, celébranse ceremonias propias e establécense festas con datas fixas.
No ano 395, coa morte do emperador Teodosio, prodúcese a división do Imperio entre Oriente (cuxo centro relixioso será Constantinopla, desenvolvendo a liturxia bizantina) e Occidente, onde se desenvolverán pequenas liturxias locales, ata a unificación do canto gregoriano.
Parte do sustracto común das primitivas comunidades cristiáns e as influencias do canto griego.
Nas cerimonias de carácter político-relixioso de Bizancio había unhas fórmulas cantadas de saúdo, compostas por poetas e músicos da corte, con acompañamento instrumental de órganos portátiles, denominadas aclamacións. Xunto a estas cerimonias existían outras de culto relixioso con dous momentos fundamentais: LEITURGHIA (Oficio da Misa) e ALOKUTHIA (ritos relixiosos).
Interpretaban os textos por cantilación e aínda que eran de carácter monódico, as veces levaban acompañamento de paraphonista (voz que fai unha especie de bordón no grave).
É importante a figura de Xan Damasceno (s. VII), porque a el se lle atribúe ó establecemento do Octoechos (8 modos), sistema de ordenación dunha colección de himnos segundo criterios de echoi (modos), o cal será básico para entender os modos gregoriáns.
Entre os séculos IV e VI desenvólvense distintas variantes locais: romana, ambrosiana, galicana, visigótica, mozárabe...Todas teñen como sustracto común ás comunidades cristiáns primitivas.
- Liturxia ambrosiana: Milán. A primeira que se desenvolve con carácter local, arredor da figura de San Ambrosio (340-397), introducindo nas ideas de occidente himnos e cantos antifonais. Esta liturxia sobreviviu á unificación. O máis destacado do seu repertorio son os HIMNOS: 8 estrofas de 4 versos de 8 sílabas, na métrica clásica de tetrámetros yámbicos (4 pés yámbicos en cada verso: breve-larga), e a mesma melodía para tódalas estrofas. A interpretación era antifonal.
- Liturxia galicana: reino Franco. Rápidamente sustituída pola romana.
- Canto romano antigo: Roma. Interesouse por fixar por escrito as fórmulas de oración, os textos dos cantos, a orde de interpretación...Adoptou das liturxias primitivas: a salmodia responsorial (solista-asamblea), a salmodia antifonal (semicoros en alternancia), a salmodia aleluiática (que inclúe o "jubilus", melisma da Aleluia) e a salmodia solista (canto do salmo polo director da asamblea).
Entre os séculos IV e V organízase xa unha estructura con liturxias fixadas e créase en Roma a Schola Cantorum (centros de recepción e difusión do repertorio).
No século VI Casiodoro fai referencia a existencia de Synaxis, que eran reunións de carácter relixioso que son fixadas en horas determinadas: Oficio matinal (laudes), Oficios do día, Oficios de tarde e nocturnos.
Fíxase tamén o repertorio da misa, con seccións fixas para todos os días (Ordinario) e seccións variables (Propio).
As primeiras fontes que conservamos datan do século VIII, na súa maioría recollida nos Graduais. Sábese que anteriormente foron copiadas melodías, pero non se conservan. Eran en notación in campo aperto (adiastemática: non indicaba o intervalo exacto), o cal dificulta a súa transcrición.
Créese que a organización do canto da Igrexa débese a Gregorio Magno (século VI), nomeado Papa no ano 590. Este era partidario da unidade da Igrexa,co que iba implícita a unidade litúrxica e a unidade canto.
Antes de ser nomeado Papa estivo en Oriente como embaixador, e coñeceu o proceso de unidade que se estaba levando a cabo en Bizancio, co que ó regresar a Roma, organizou un Antifonario que recollía as Horas do Oficio e o estructurou segundo criterios modais (echoi). Tamén tomou antigos cantos da Igrexa de Oriente e os adoptou a novos textos (contrafacta) e formou melodías con fragmentos doutras preeexistentes (centonización).
Non creou repertorio, senón que o recolleu e organizou. Sí creou o calendario litúrxico e a estruturación dos dous grandes actos relixiosos: a Misa e o Oficio. Ademáis empezou a difusión do canto gregoriano a través dos mosterios, sobre todo benedictinos.
A figura de Carlomagno foi fundamental nesta difusión, xa que con el establecéronse unhas normas polas que o canto romano unificado, o canto gregoriano, debía ser adoptado por todas as Igrexas do Imperio franco (Reforma franco-carolinxia), co que se produciu unha fusión entre a liturxia romana e a galicana.
O canto gregoriano difundiuse nos séculos X , XI e XII e podería haber desaparecido no XIII e XIV de non ser polo latín, que seguiu sendo a lingua oficial da Igrexa. Así sobreviviu ata o XV e XVI, do que se conservan códices e ao XVII e XVIII aparecendo nos libros Corais, onde sofre a súa máxima decadencia expresiva debido á notación cadrada.
No século XIX os monxes de Solesmes, ao decatarse da cantidade de fontes que conservan, empezan a recompilar repertorio.
No 1882 celébrase o Congreso de Arezzo, onde se expón unha dobre vertente para o estudo do canto gregoriano: unha práctica e outra teórica.
A comezos do XX créase a Edición Vaticana, recompilación do canto gregoriano en notación cadrada, pero mantendo algúns matices expresivos orixinais.
En 1979 edítase o Gradual Triplex, onde disponse a melodía en Edición Vatica e enriba e debaixo a notación orixinal.
Comezan os estudos semiológicos do gregoriano, estudos sobre o ritmo, a modalidade, etc.
O Concilio Vaticano II acordou que o gregoriano debía de prevalecer sobre outros xéneros como canto da Igrexa e a industria discográfica ha contribuído a difundilo.
- Melodía por graos conxuntos, con saltos sempre xustificados polo texto ou o modo
- Ritmo libre (Teoría de Solesmes)
- Monódico,cunha soa melodía
- A capella,sen instrumentos
- En latín.
- Modos: protus (re), deuterus (miña), tritus (fa), tetrardus (sol)
- As horas do Oficio: salmos, himnos, magnificat e responsorios. (Horas canónicas: maitines, laúdes, curmá, tercia, sexta, nona, vésperas, completas)
- Misa (texto en misal, música en gradual)
- Propio: introito (antífona-salmo-antífona, acompaña á entrada do celebrante), gradual (responsorio-versículo, cando se lían as lecturas), aleluia (jubilus, melistma sobre a palabra aleluia, en Coresma e Adviento é substituído polo tractus-versículo), ofertorio (unha sección), comunio (antífona-versíulo).
- Ordinario: Kyrie (perdón, melismático, repertorio de tropos), gloria (festas solemnes e domingos agás en Adviento e Coresma), credo, sanctus (sempre, silábico, interpretado polo pobo), agnus dei (fracción do pan).
Fálase de dous tipos de notación:
- Ecfonética: recitación sobre unha solta nota con fórmulas de puntación ao cabo das frases.
- Neumáticas: derivada dos acentos aplicados polos gramáticos alexandrinos á lingua grega: virga (acento agudo), tractulus (acento grave), clivis (circunflejo), pes (anticircunflejo). Pode ser adiastemática (non precisa intervalso melódicos) ou diastemática. Se precisaban a parte expresiva. Os primeiros manuscritos completos aparecen en Saint Gall, no século IX. Era notación neumáticas, in campo aperto, sen lineas, os neumas escribíanse enriba das sílabas do texto.
IX-XI: notación primitiva: sílabas e letras, neumas quironímicos adiastemáticos ou neumas diastemáticos. (neuma: inclinación, xesto, signo). En Saint Gall: notación de acentos, Laon: puntos e acentos, Aquitana (X-XI): puntos.
XI: liña vermella (F:fa). Tetragrama: Guido de Arezzo.
XII: liña amarela (C:do)
XII-XIII: cadrada negra. Modos rítmicos
Clasficación Formal.
- Silábico: unha sílaba para cada nota.
- Salmódico: sobre unha mesma nota varias sílabas de texto.
- Neumáticos: cada sílaba de texto leva dous ou tres notas.
- Melismático: Máis de tres notas por sílaba.
Clasificación por uso na liturxia.
- Salmodia Responsorial: solista entona versículos do salmo e coro contesta.
- Salmodia directa: un coro só ou unha persoa.
- Salmodia Antifonal: diálogo entre coros que entonan alternativamente versículos.
- Estróficas: himnos.
- Libres.
Son aquelas formas musicais, que sen ser litúrxicas, nin formas parte da misa e os Oficios, sí tiñan un componente relixioso.
Naceron como ampliacións do canto gregoriano, e a partir de ahí, ampliouse o repertorio.
Os focos principais foron San Martial de Limoges e a Abadía de Saint Gall, desde o século XI ao XII.
Eran engadidos que se facían aos cantos da misa e o Oficio en festas solemnes aumentando así a súa maxestosidade. A súa función era alongar o texto oficial e explicalo.
Segundo o repertorio existen: tropos da misa (do Introito, presentando o tema do día, por exemplo) e tropos do oficio. Segundo a súa forma: tropos de extensión melódica dun canto preexistente, adicción textual a unha melodía en relación silábica, e de adicción textual-musical. Segundo a súa adaptación á peza orixinal: tropos de adaptación (engadido textual ás notas do melisma), de desenvolvemento (amplian a peza por adicción melódico-textual), de interpolación ( introducen no medio da peza texto e música) e de encadramento (adición de texto e música ao comezo e fin).
A finais do IX na Abadía de Saint Gall explícase no prólogo dun libro de himnos que chegou un monxe con antifonarios que recollen unha serie de versos con melismas do Aleluia como recurso mnemotécnico. Nesta abadía analizan dito repertorio, adáptano e comezan a crear secuencias.
Son tropos de adaptación ao melisma do Aleluia (jubilus).
Estas secuencias van evolucionando e os seus textos convértense nun recurso para dar saída ás necesidades creativas dos monxes, chegando a ser estruturas estróficas. Estrutúranse en versos pareados, cunha mesma melodía por versos.
Fálase de case 5000 secuencias, pero o Concilio de Trento nas súas sesións de música (1545-1563), mantivo só 4: Victimae Paschali Laúdes (Pascua), Veni Sancte Spiritus (Pentecostés), Lauda Sión (Corpus Christi), Dies Irae (Requiem). A comezos do XVIII recupérase unha 5ª, o Stabat Mater (Venres de Dor).
Son un conxunto de representacións cantadas, de carácter sacro, vinculadas ás celebracións de Pascua e Nadal. Ao formar parte do ritual eclesiástico se denomínalles dramas litúrxicos. O máis importante é O misterio de Elche.
A súa orixe atópase na instauración do rito romano na liturxia gregoriana, porque na liturxia se atopan todos os elementos necesarios para a representación: palabra, mímica, música, escenografía, actores…
Cando os tropos adquiren unha estrutura dialogada, de pregunta resposta, incítase a ampliar os textos, a crear máis diálogos, escenografía…
Inicialmente eran cantados en latín,representábanse diante ou detrás do altar, o sacerdote fai o papel de Cristo e os diáconos de mulleres, pero progresivamente engádense pasaxes en lingua vulgar, engádense actos procesionales, incorpóranse actores profesionais e pásase ao exterior da Igrexa.
Existen dramas litúrxicos para o Ciclo de Nadal (Oficio Pastorum, Ordo Stellae, Interfectio puerorum, Ordo Prophetarum) e Ciclo de Pascua (Visitatio Sepulchri, O peregrino)…
Á marxe destas formas paralitúrgicas hai que falar dos himnos, que teñen de paralitúrgicos que non pertencen á misa, senón á liturxia das horas.
Son estrictamente silábicos, pola súa orixe histórico na liturxia ambrosiana (recollía melodías populares e lles poñía texto relixioso), para que se aprendan con facilidade. Teñen unha estrutura estrófica (4 versos de 8 sílabas), coa mesma melodía para cada unha das estrofas.
Pange lingua, Veni Creator Spiritus, Te Deum…