A MÚSICA MEDIEVAL EN ESPAÑA
Estudaremos a música que se produciu en España na Idade Media, fundamentalmente, a lírica galaico-portuguesa, e as composicións conservadas en Galicia.
| Sitio: | Aula virtual do IES Sofía Casanova |
| Curso: | Música 3º ESO |
| Libro: | A MÚSICA MEDIEVAL EN ESPAÑA |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | Venres, 13 de Marzo de 2026, 23:04 |
A E.M. en España é un longo período histórico que comeza coa desintegración do Imperio romano e termina coa conquista de Granada en 1492.
Moitos foron os pobos e reinos que conviviron neste período.
No VI os visigodos fixaron o seu capital en Toledo. No 711 os musulmás invadiron a península (Al-Andalus). Os reinos cristiáns xurdiron dos primitivos redutos que ofreceron resistencia aos musulmás no norte de España. No século XI aceleraron a súa expansión grazas á fragmentación política dos reinos Taifas, o crecemento demográfico e o espírito relixioso que percorría o Occidente europeu (Cruzadas). Asturias, Aragón, Navarra, León e Castela.
Achado da tumba de Santiago en Compostela- peregrinacións.
Música practicada en zonas da metade sur da Península durante a dominación árabe e fóra do ámbito cristián. O principal problema para o seu estudo é a falta de fontes escritas, por ser de tradición oral.
Coa expansión islámica os árabes foron asumindo elementos musicais das zonas nas que se iban instalando e fóronos mesturando coa súa propia tradición. Así creouse un estilo característico que procedente de Medina chegou ata Damasco.
No século IX, coa chegada a Córdoba de Aberramán I, produciuse a orientalización da sociedade. Chegou Ziryab, músico pertencente á antigua tradición árabe e renovou os costumes da corte, adaptando a música á antigua tradición que el aprendera.
Formas musicais:
- Nawba (vez, alude á vez que debía esperar o músico para intervir diante do califa). O seu inventor foi Ziryab. Acompañada cun tambor que facía fórmulas rítmicas.
- Muwahaba (árabe clásico)
- Zejel (árabe coloquial)
A música relixiosa.
Primeira manifestación: música mozárabe.Cantos litúrxicos da igrexa cristiá ata ser sustituídos polo rito romano no século XI. (Mozárabe: cristiáns que vivían e practicaban a súa relixión baixo o poder político musulmán).
Os manuscritos máis temperáns son de finais do século X: Antifonario de León.
Teóricos: San Isidoro de Sevilla (559-636), autor de “Etimoloxías”.
Cantos en notación adiastemática, diatónicos, ritmo libre, ornamentados, modos eclesiásticos I, II, III.
A música non litúrxica e profana.
As primeiras manifestacións poético-musicais coñecidas en lingua romance son as jarchas (XI): pequenas cancións de amor ou traballo, de orixe popular, que sobreviviron polas anotacións feitas delas nas "moaxajas".
- CANTIGAS D'AMIGO, D'ESCARNIO E MALDIZER.
Consérvanse uns 2000 poemas escritos en galaico portugués, 400 pertencentes ás Cantigas de Santa María e os restantes de orixe profano. Os manuscritos que recollen estas cancións son: o de Ajuda (Lisboa), Biblioteca Vaticana, Colocci-Brancute (Lisboa), folla de cantigas de amigo de Marín Códax.
- Cantiga de amor: paralelo a canço trobadoresca, na que o trobador fai eloxio da dama en primeira persoa.
- Cantiga de amigo: posta en boca da amada, máis sinxela e popular. Cantiga de refrán, utiliza paralelismo e leixaprén (último verso igual que o primeiro seguinte).
- Cantiga de escarnio e maldizer: contrapartida do sirventés, con sátiras de persoas, situacións…
No que fai á música poden ser de mestría (estrofas isométricas e versos isosilábicos) ou de refrán (con retrouso que entona coro e estrofa moi sinxela).
CANTIGAS D'AMIGO DE MARTÍN CÓDAX.
Primeiras manifestacións de lingua vernácula. Son sete cancións de amor, en galaico-portugués, texto e música simple tanto en forma como en estilo, sinxeleza melódica e procedementos de contrafacta. Notación cadrada.
Non se conserva practicamente nada da música. En 1914 o libreiro Pedro Vindel, atopou na encadernación dun vello códice un pergameo contendo 7 cantigas de amigo do trobador Marín Códax, das cales 6 van acompañadas coa música, supostamente orixinal a xulgar pola notación. É un documento excepcional para coñecer como era a música daquel momento (ademais do Perfamino Sharrer que contén 7 cantigas de amor de Don Dinís). A notación é propia do século XIII cun carácter mensural.
Trazos comúns co xénero cantigas de amigo: referencias xeográficas (Vigo), paralelismo e leixaprén, sinxeleza melódica, pequenas células recorrentes, posible conexión narrativa , posible conexión con melodías litúrxicas…
CANTIGAS DE SANTA MARÍA.
Colección máis importante de cancións escritas en galaico-portugués, relacionada coa arte dos trobadores. 400 cancións anónimas reunidas no corte do rei Alfonso I o Sabio (1252-1284), que puido achegar algunhas como autor. Consérvanse en 4 dócides: Biblioteca Nacional de Madrid, 2 na Biblioteca do Escorial e outra na Biblioteca Nacional de Florencia. Os 3 primeiros inclúen notación mensural, o que fai que poidan ser transcritas co moderno sistema de compases e figuras.
Teñen unidade temática: escritas para ensalzar á Virxe, directamente ou a través da narración dos seus milagres. Ben organizadas, hai unha canción para cada milagre, coidadosamente numeradas e con indicacións que identifican o tema de cada unha.
Non están distantes da temática trobadoresca. O propio rei identifícase no prólogo como o trobador da Vigen.
Teñen unidade formal, poética e musical.
O estilo melódico é simple, basicamente silábico, con xiros ornamentais escasos e sinxelos. Melodía por graos conxuntos, con saltos ocasionais de 3ª. Frases curtas, ben definidas. Debían cantarse con instrumentos.
A maioría comezan cun retrouso que se repite entre estrofas e tamén ao final. A súa estrutura habitual é a do virelai francés ou a ballata italiana. Retrouso, estrofa e volta.
Os códices inclúen miniaturas con importante información organológica, con instrumentos situados por parellas nunha actitude didáctica, que ilustra a ténica de execución de diversos instrumentos musicais da época.
• Desde o punto de vista formal poden ser:
- Cantigas de mestría: estrofas isométricas e versos isosilábicos.
- Cantigas de refrán: sinxela, pareado para cada estrofa e un retrouso ou refrán, tal vez coreado; paralelismo e leixaprén (repetición dos segundos versos e unha estrofa como primeiros da seguinte).
3.1.1. Códice Calixtino.
É o máis antigo ca se coñece e pertence á área de influencia de San Marcial de Limoges. Consérvase na catedral de Santiago de Compostela e foi escrito na primeira metade do XII. As pezas que intégrano están compostas e agrupadas para ser cantadas na festividade de Santiago Apóstol, a modo de manual para uso dos peregrinos do Camiño de Santiago. Hai moitas monódicas (tropos e secuencias), pero as máis interesantes son as polifónicas que constitúen un apéndice final do manuscrito. Son de autor anónimo pero figuran nomes de personalidades da época, co obxecto de darlles prestixio.
Contén conducti e organa que van desde estilos moi silábicos ata grandes desenvolvementos melismáticos na voz organal. Tamén inclúe o que se considera o primeiro exemplo de polifonía a tres voces, a canción de peregrinos “Congaudeant Catholici” (Que se alegren xuntos os católicos), cuxo texto completo proba que se trata dun tropo do Benedicamus estruturado en forma estrófica cun retrouso.
3.1.2. Manuscrito de Toledo.
De finais do século XIII, copiado na península por varias mans, confeccionado para o culto da Catedral de Toledo. Tamén indicado como Manuscrito de Madrid, conservado na Biblioteca Nacional de Madrid. Unha das fontes máis importantes da Escola de Notre Dame. Contén conductus, motetes e uns poucos organa. Unha das pezas máis senlleiras que contén é unha invitación ao solfexo (conductus a 2 voces).
3.1.3. Códice das Folgas.
Un dos manuscritos máis representativos do repertorio do Ars antiqua en Europa. Copiado no século XIV para o mosteiro feminino cisterciense das Folgas, en Burgos. Todas as as súas pezas pertencen á Misa e non ao Oficio, que ao seguir o rito cisterciense, debía observar a austeridade dos cantos. Recolle organa, conducti, motetes da última época do Ars Antiqua e obras monódicas, así como un Credo polifónico pertencente ao Ars Nova.
A música que se conserva en España deste período é unicamente relixiosa.
As súas fontes son:
3.2.1. Llibre Vermell.
Copiado a finais do XIV, para uso dos peregrinos que iban a Montserrat e a súa finalidade era entretenerles, co cal, aínda que relixiosa, a súa polifonía é non litúrxica. Inclúe 10 pezas: canons (Caça) a 2 ou 3 voces como o “Ou virxe splenders”, 2 cancións polifónicas “María matrem virginem” primeira composición española en forma de panxoliña polifónico, e “Imperayritzde a ciutat joyosa” en lingua romance e politextual, danzas cantadas como “Ad mortem festinamus” que é unha meditación danzada sobre a morte vista baixo o prisma cristián.
3.2.2. Obras publicadas por M.C. Muntané.
Ámbito litúrxico. Salienta a Misa de Barcelona. Misa cíclica: construída segundo un patrón que dota de unidade a todas os seus partes. Cinco movementos do ordinario da Misa. Parece haber sido ideada como unha visión xeral dos estilos musicais do momento: simultáneo, canción profana, estilos híbridos…
Pórtico da Gloria: rematado en 1188 pola Mestre Mateo, representa 24 anciáns con 21 instrumentos en actitude de tocalos ou afinarlos. Gran versimilitud.
Podemos ver:
Violas ou fídulas en forma oval ou en 8 (3 ou 5 cordas), laúdes ( 3 cordas), arpas (tipo románico con 11 e 16 cordas), salterios (triangular ou cuadrangular, dous modelos, vertical similar ao arpa e horizontal similar á cítara, unhas 1ou cordas), organistrum (tocado por dous anciáns).