Un pouco de historia.
Neste libro imos estudar o rock, o seu nacemento, os distintos xéneros que se enmarcan dentro deste estilo, e os grupos máis representativos.
Para completar o teu coñecemento sobre o tema, podes escoitar as audicións que se propoñen despois.
| Sitio: | Aula virtual do IES Sofía Casanova |
| Curso: | Música 1º BACH |
| Libro: | Un pouco de historia. |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | Venres, 13 de Marzo de 2026, 23:04 |
1 O rock. A súa evolución.
Por música rock podemos entender un xénero musical que engloba diversos estilos. Caracterízase polo ritmo marcado, a súa potencia, e xeralmente se interpreta con guitarras, baixos, baterías, e en ocasións teclados.
Alan Freed, un disc-jockey de Cleveland, na década de 1950, foi o que lle deu nome a este movemento de importancia non só musical, senón tamén social, xa que foi un dos nexos entre a cultura negra e a branca. Con esta música apareceu unha linguaxe universal, que tiña como base a música Rhythm and Blues negra e o Country dos brancos.
Do mesmo xeito, é importante sinalar neste momento a música folk, que no 1959, como resposta as campañas bélicas do goberno, rexurdirá con figuras como Joan Baez, Leonard Cohen e Bob Dylan. Nas súas cancións están as protestas ás inxustizas políticas, as guerras, ao racismo e á falta de comprensión e diálogo.
2 Os anos 60
É a época dos Beatles e os Rolling Stones, dos rapaces bos e os rapaces malos.
Pop británico: 1960-65
Tres vertentes:
- O beat.- Son radiante, vitalista, divertido e, ó mesmo tempo, crítico. Boas armonías vocais e ritmo animado. (Freddie and The Dreamers, Los Searchers, The Kinks, ...)
- O rhythm and blues.- Blues urbano negro conbinado coa imaxe do inconformista branco [o beatnik]. (Rolling Stones, The Animals, Pretty Things).
- O Swinging London.- Integrado por grupos pop-art hedonistas, provocadores, extravagantes, desafiantes. Relacionado coa subcultura mod. (The Who, Small faces, ...)
Inglaterra: 1965-1970
- O blues-rock.- Simbiosis entre o blues e o rock. (Eric Clapton e Jimi Hendrix).
- Psicodelia británica.- Marcada polo sonido canterbury. (Soft Machine e Pink Floyd).
- Rock progresivo e rock sinfónico.- Foméntase o individualismo, o virtuosismo, a fusión de lenguaxes, os simbolismos, e o exhibicionismo con outros lenguaxes brancos cómo a música clásica e a electoacústica. Novos instrumentos coma os sintetizadores. Nacemento do disco de vinilo.(Génesis, Yes).
Estados Unidos
- O son surf.- Reflectía o optimismo e a despreocupación dos xoves norteamericanos da era “Kennedy”. (Beach Boys)
- Folk rock e folk blues.- Foi unha forma de buscar raíces. Música impregnada de referentes poéticos e novas posicións políticas. (Bob Dylan, The Byrds, The Mamas and The Papas, Sony and Cher, Janis Joplin)
- Pop. - Mezcla dende o son garaxe [1] (influencia británica) ó pop máis comercial do son chicle. (13th Floor Elevators y The Monkeys)
- Sonido Motown. - Creado pola compañía discográfica do mesmo nome. Música negra con vontade de chegar ó público universal. As voces conservaban raíces gospel e blues. Ritmo acelerado pero cheo de corda e vento. (Stevie Wonder, Jackson 5 e Diana Ross).
- El soul. - Termo abertamente político. Asume a función do blues, expresión do orgullo racial negro. (Aretha Franklin, Tina Turner, James Brown, Stevie Wonder, Otis Redding).
- Sonido San Francisco. - Rock ácido e psicodelia, desarrollado na costa Oeste. Relación coa contracultura hippy, ansia de experimentación e actitude combativa. (The Doors).
- Sonido Underground. - Caos sonoro, espectáculos multimedia, sonido corrosivo, destructivo, “callejero” e radicalismo izquierdista. (John Sinclair e Iggy Pop).
- Rock sureño e country rock. - Volta ás raíces do rock desembocando no country-rock. Espíritu patriótico do sur a través do rock sureño. Productos tardíos dos 60 que foron explotados a principios dos 70.
Nesta época destacan ademáis Jimi Hendrix, Eric Clapton, The Kinks e The Who.[1] Música algo cruda e elemental con influencias do beat británico e do rhythm and blues, e en ocasións antecedente do futuro punk americano.
3 Os anos 70
EEUU
· Renacimento do rock sureño (Allman Brothers Band)
· Rexeneración do country a traves de:
- Os “outlaws”
- O “country-rock”
- O “country-pop”
· Aparece o Soft-rock (The Carpenters). Utilizaban pequenas doses de folk e country.
· Auxe dos cantautores (Crosby, Still & Nash)
· Aparece o “rock degeneration”. Este será a antesá do punk-rock americano. (New York Dolls e Blue Oyster Cult).
· Surxe o punk-rock no seu inicio non radical nin violento. Tratabase dun retorno ás claves sonoras do rock. (Ramones, Dead Boys, The Clash, Sex Pistols). Sen embargo en San Francisco aparecen os Dead Kennedys (rama máis corrosiva considerada o precedente do hardcore ou trash norteamericano. Ten como marca o pelo moi curto e de diferentes cores.
· Aparece o rock latino, fusión de ritmos caribeños coa salsa, aportando percusión ó fondo do rock. (Carlos Santana)
· Aparece a música disco. Herdeira do soul, do son Filadelfia e do son Miami. A diferencia do soul a música disco é multiracial e actuou como medio de integración racial. A base son ritmos iguais e monótonos que cobran forza dando lugar ao disco sound ou son discoteca. (Donna Summer, The Bee Gees)
· Diversificación da música negra:
- Nace o “funk” , partindo do soul. (James Brown)
- Híbridos entre jazz e soul
- “Disco-soul” (Diana Ross, Stevie Wonder, Donna summer)
- “Funk and roll” (Tina Tunrner)
- ...
· Nace o Rock urbano (Bruce Springsteen, Bryan Adams,...)
EUROPA
· Surxe no Reino Unido o Heavy Metal (Lep Zeppelin, Deep Purple, Iron Maiden)
· Aparece o Glam-rock (David Bowie, Elton John, Rod Stewart, Queen, Alice Cooper.). Caracterízase polo uso de maquillaxes nos homes, vestuario estrambótico e rechamante e certa ambigüedade sexual.
· Consolidación do denominado “rock sinfónico” (Genesis, Yes). Dentro de este aparece o denominado Art-rock (Dire Straits, Mike Oldfield,...) Nace de incluir elementos do jazz ou da música clásica ao rock. Son obras de grandes dimensións. Aos típicos instrumentos do rock engádeselle unha orquestra clásica. (Pink Floyd)
· Irrupción a mediados da década da subcultura punk con antecedentes sonoros denominados “pub-rock americano” (Sex Pistols)
· Aparece en Alemania o Kratutrock cun desexo de enfrentarse ó monopolio angloamericano. (Can, Kraftwerk)
É ademáis a época de :
Abba co seus pop personal
Bob Marley e o reggae, influído pola filosofía rasta, con berce en Xamaica.
Led Zeppelin, Black Sabbath e Deep Purple, representantes do rock duro ou heavy metal, cunha voz moi aguda e guitarras que forman un universo sonoro.
4 Os anos 80
New Wave
Surxe en Reino a finais dos 70. Significou unha ansia de comunicación e de definición xuvenil, intentando recuperar a esencia do pop dos 60 por medio da sinxeleza e o aspecto sensible das súas melodías. (Elvis Costello, The Police-Sting, Blondie, Dire Straits).
Dentro deste sello hai unha gran cantidade de ofertas:
- Pop sintético (Pet Shop Boys)
- Techno Pop (The Human League)
- Cool wave (Ultravox)
- Reggae-rock (The Police)
- Soul Britania (Simply Red)
- Pop-rock (The Jam, Dire Straits)
- ...
Pop sintético
Gran brillantez sonora, celebración do comercial e gañas de diversión, gran poder da imaxe e fascinación pola cultura pop.
Techno pop ou electro-pop
Rechazo da historia lineal do rock baseada no son da guitarra, en favor de artefactos electrónicos. Algúns grupos empezan experimentando e rematan nos xéneros de baile (dance). Supón un gran control do productor e do DJ.
Reconstrución do rock: rock e pop modernista
Vólvese a valorar a actitude de resistencia, o idealismo, a través dunha proliferación de sellos independentes. O revival do roc (U2) ou o pop alternativo son fenómenos paralelos ó novo rock americano que surxe en oposición ó techno pop (Rem).
New Age
Etiqueta comercial que surxe a mediados dos 80, aportando alternativas musicais acústicas e instrumentais. Algúns xéneros derivados:
- Música cósmico-planeadora.
- Minimalismo-pop (Michael Nyman, Philip Glass, Win Mertens).
O Hip Hop: O rap
Nova cultura “racial”. Contén manifestacións diversas: graffiti, break-dance (baile creado por bailaríns negros dos anos 70), scratching, sampling, electrofunk e rap. Estas manifestacións nacen nos barrios negros de New York para logo convertirse en propostas universais.
Dance Music
Novas sonoridades derivadas do uso das innovacións electrónicas. É unha fusión do funk, do rock, da música disco e do techno. Divídese en subxéneros:
- acid house
- deep house
- techno house
- trance
- trip hop
- jungle
World Music
Categoría de marketing para aglutinar a calquer música de culturas non europeas, artistas que intentan sintetizar diferentes tipos de música, sobre todo étnicas. “Músicas do mundo” como etiqueta comercial sen referentes identitarios concretos.
Fusión
Os experimentos de fusión multiplícanse nos 80 pero tamén se utiliza esta etiqueta para referirse de forma concreta ó jazz eléctrico.
É ademáis a época de:
- U2 como selo independente.
- Michael Jackson, Madonna, Prince, Tina Turner e o crossover ou música de baile
- Judas Priet, AC-DC, Black Sabbathe, Iron Maiden, Scorpions, Van Halen, Aerosmith, Bon Jovi...e o heavy metal
- Metallica, Joe Satrinai, Guns N´Roses e o Trash metal (combinación de heavy e punk)
5 Os anos 90
É a época do mercado, de buscar o que venda máis. Cancións sinxelas, ritmos contaxiosos e repetitivos que enchen as horas da radio e da televisión, así como as salas de concertos.
- Pop comercial: Celine Dion
- Rock latino: Maná
- Pop con ritmo latino: Shakira
- Pop-Folk: The Corrs
E por outra banda menos comercial...:
- Rap e hip hop
- Hardcore: Nirvana co seu estilo grunge fixo de Seattle a capital do rock independente. Tamén destaca Pearl Jam.
- Rock alternativo: (que deixou de ser alternativo) Offspring
- Pop-rock: Rem.
- Brit-pop: Robbie Williams, Oasis.
- Metal: Iron Maiden, AC-DC, Metallica, Helloeween (heavy metal); Marilyn Manson, Black Crowes (thrash metal); Lenny Kravitz (soul rock)
6 O rock en España
Os inicios remóntanse aos anos 50, cando as bases americanas se instalaron en distintos puntos da península, xa que foi coas súas emisoras como se comezou a difundir o rock and roll.
"Os estudiantes" foron un dos primeiros grupos, seguidos de "Los Brincos", "Los Bravos", "Los Salvajes" e o "Dúo Dinámico".
NOS ANOS 70 destacaron sobre todo as cancións do verán e o flamenco pop converteuse nun gran descubrimento. Neste senso destacaron "Las Grecas", o rock flamenco de "Triana" e o metal rock de "Medina Azahara".
Mentres, no rock destacaron "Burning", "Leño", "Ramoncín", "Tequila" e mesmo "Paco de Lucía". Pero sen dúbida, "Miguel Ríos" é o mellor representante do rock en España.
NOS ANOS 80 o foco principal é Madrid, e dende alí a "movida" extendeuse a outras cidades como Vigo ou Barcelona.
Destacaron grupos como "Kaka de Luxe" (punkies), Radio Futura, Gabinete Caligari, Nacha Pop...(rock). Tamén destacaron Miguel Bosé, Joaquín Sabina, Barón Rojo, Leño (posteriormente Rosendo), Los Enemigos...
NOS ANOS 90 houbo un fervedoiro de mesturas, copias estranxeiras, influencias doutros países....
Destacan grupos de pop rock como Héroes del Silencio, Seguridad Social; de rap como Sindicato del Crimen, Def con Dos; internacionais como Sex Museum, Los Rodríguez, Ariel Rot e Andrés Calamaro; os políglotas Australian Blonde, Dover...E personaxes como Alejandro Sanz, La oreja de Van Gogh, Estopa, Jarabe de Palo, Los enemigos...Antonio Vega...