O CLASICISMO MUSICAL
Neste libro trataranse de forma resumida, algúns conceptos básicos que debedes de coñecer sobre o Clasicismo Musical.
| Sitio: | Aula virtual do IES Sofía Casanova |
| Curso: | Música 3º ESO |
| Libro: | O CLASICISMO MUSICAL |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | Venres, 13 de Marzo de 2026, 23:04 |
Táboa de contidos
1 CONTEXTO SOCIOCULTURAL
O SÉCULO DAS LUCES
Coñécese co nome de música clásica á música que se desenvolveu na segunda metade do século XVIII e principios do século XIX.
Viena convértese no centro musical europeo, por desenvolver alí a súa obra os tres grandes compositores do momento: Haydn, Mozart e Beethoven.
Nesta época aumenta o público aficcionado á música que demanda literatura musical fácil e que acode aos concertos públicos; isto fai que apareza progresivamente a figura do compositor independente dun mecenas. Mozart e Beethoven intentaron vivir así, pero só Beethoven o conseguiu.
É a época da Ilustración, que tiña como base das súas ideas o antropocentrismo, o racionalismo, a educación e o xuizo crítico (Kant). A igualdade, a liberdade e a tolerancia. Evolucionan as ciencias, o que conduce a Revolución industrial no 1760.
Na política destacou o Depotismo ilustrado: todo para o pobo pero sen o poco.
E a burguesía seguiu alcanzando poder ata chegar á Revolución francesa no 1789.
2 TRANSICIÓN
- Rococó: do estilo francés de arquitectura. "Cunchas". Motivos curtos e repetidos, adornos, harmonía sinxela. Refinada ornamentación. Couperín (clavecín).
- Estilo galante: da ópera italiana. Moderno, elegante. Oposición ao contrapunto. Motivos curtos, figuración rítmica en perpetuo movemento, moi adornada, frases periódicas, harmonía simple.
- Empfindsamer stil / empfindsamkeit: estilo sentimental. Alemaña. Expresión inmediata do sentimento persoal. Melodías periódicas, adornos, figuras rítmicas nerviosas, cambios bruscos na harmonía. BENDA, W.F. BACH, C.P.E. BACH (clavicorido por matices). Elemento sorpresa.
3 PROCEDEMENTOS PRECLÁSICOS
- Rexeitamento do anterior, da polifonía. Primacía dunha liña melódica. Baixo Alberti.
- Rexeitamento do contrapunto imitativo. Fraseo periódico en frases pares. Repetición dun motivo dentro da melodía.
- Formas musicais: conviven vellas e novas. A sonata a solo con continuo, a sonata a trío e ensaios sobre sinfonías.
4 CARACTERÍSTICAS
- Canon de beleza: harmonía e proporción.
- A música ten a capacidade de expresar o sublime de dúas formas: imitación da natureza e expresión do xenio do artista.
Con isto relaciónase o sturm und drang, representado por Goethe: expresar sentimentos máis puros e extremos, sen sentimentalismos. (Precedente do romanticismo).
- A música profana imponse á relixiosa, froito da filosofía do século das luces. A ópera convertérase en algo irreal, polo que algúns compositores como Gluck comezaron unha reforma para facela máis crible. A ópera bufa acadou maior importancia influíndo na ópera seria.
- Na harmonía abandónase o baixo continuo e a escritura será plenamente harmónica ou vertical.
- As melodías constrúense en frases ben diferenciadas, cadradas, dunha lonxitude de oito compases. Música proporcionada e periódica. Frases de 8 compases, 2 períodos de 4 compases...
- Aparecen gran variedade de estruturas rítmicas que inundan as melodías.
- A través da Escola de Mannheim aparece a utilización dunha ampla gama de contrastes dinámicos, crescendos e diminuendos.
- A forma vai controlar toda a obra. A “forma sonata” será o vehículo deste período e está presente en todas as formas e xéneros.
- Aparecen novas formas como a sonata ou a sinfonía, e o concerte dun único instrumento solista, acompañado pola orquestra.
- Tonalidade.
- Modalidade maior e menor.
- Modulacións: I-V, I-IV, relativo maior e menor.
- Temperamento igual
5 AS FORMAS MUSICAIS INSTRUMENTAIS
A música instrumental ten no Clasicismo un desenvolvemento extraordinario.
Créanse sociedades privadas e pequenas orquestas, e cobra moita importancia o concerto público.
INSTRUMENTOS:
Prodúcese unha mellora tecnolóxica dos instrumentos.
As violas baixo deixan de utilizarse a favor do contrabaixo.
Xa non se utiliza a tiorba.
O violonchelo pasa a ser en ocasións solista.
Invéntase o corno di bassetto: clarinete contralto.
Aparece a trompeta con chaves.
A viola di bordone: bartítono
Pianos piramidais e xirafas.
Na orquestra introdúcense instrumentos como as campás, o triángulo e o bombo.
A orquestra clásica componse de: 2 timbais, 2 trompas, 2 trompetas, 2 frautas, 2 oboes, 2 clarinetes, 2 fagots, 10 violíns 2º, 10 violíns 1º, 8 violas, 4 contrabaixos e 6 violonchelos.
5.1 Sonata
A sonata clásica é froito da suite barroco que nesta época pasou a ser unha obra escrita para un instrumentos solista ou a dúo con outro instrumentos. A sonata está composta por tres ou catro pezas que se chaman movementos.
O esquema da sonata é o seguinte:
Primeiro Movemento: Allegro, Segundo Movimiento: Adagio, Terceiro Movemento: Minueto ou Scherzo, Cuarto Movemento: Allegro.
A forma que vai seguir o primeiro movemento da sonata, recibe o nome de forma sonata, e fai referencia a un estilo de composición. A forma sonata consta de tres seccións:
- Exposición: Está formada por un tema rítmico e rotundo, unha pasaxe de transición, e un segundo tema de carácter máis melódico e lírico. Funciona como elemento de estabilidade.
- Desenvolvemento: Consta dun traballo libre que pode lembrar en ocasións aos temas da exposición, e que conduce á reexposición. Funciona como elemento de tensión.
- Reexposición: Volve a repetir témalos da exposición, pero o segundo tema variado de altura. Funciona como resolución da tensión.
A forma sonata aplicouse ás diferentes agrupacións instrumentais desta época, como a sinfonía, o cuarteto, o concerto solista, etc., e tamén o esquema en catro movementos, da sonata.
Algunhas destas agrupacións instrumentais, reciben nomes segundo o número das súas compoñentes, como cuarteto, quinteto, sexteto.
5.2 Sinfonía
A sinfonía foi o principal vehículo da música orquestal do século XVIII. Pódese considerar como unha gran sonata para orquestra. Nas sinfonías utilizáronse voces humanas como no caso da Sinfonía nº9 de Beethoven.
Foi o xénero instrumental por excelencia.
4 tempos: Allegro (forma sonata) - Lento - Minueto - Allegro brillante
- Escola de Milán: Sammartini. 3 tempos
- Escola de Mannheim: Stamitz. Fixa as partes da sinfonía. Matices. Célebres crescendos.
- Escola Vienesa: motivos curtos.
- Escola francesa: 3 tempos.
5.3 Formas libres, concerto, cuarteto
Tamén se escribiron formas máis libres para estes grupos pequenos , que recibían nomes como serenata, divertimento, casación
O concerto : 3 tempos. O preferido foi o concerto a solo.
Cuarteto de corda : 2 violíns, viola, violonchelo. Haydn.
6 AS FORMAS MUSICAIS VOGAIS
Entre todas as composicións vocais compostas neste período, segue a destacar a ópera.
Dentro dela, compre salientar os cambios nos tipos de recitativo e aria.
Recitativo secco e acompañado.
Aria:
- de bravura (lucimento)
- cantabile (máis sensibilidade)
- de entrada e saída
- da capo: ABA
- del segno
- de rondó, sonata, binarias...
6.1 A ópera en Italia
* ÓPERA SERIA:
Ópera do Antigo Réxime. Temas mitolóxicos e alegóricos, artificios, vocesa agudas de soprano e castrati, recitativos e arias.
Intentos de conseguir unha maior naturalidade:
A. ZENO: simplificou os argumentos, menos personaxes, suprimiu os números cómicos.
METASTASIO: unidade dramática.
* ÓPERA BUFA:
Orixe en Nápoles. Naceu dos intermedios das óperas serias.
Argumentos e personaxes da vida cotiá, linguaxe coloquial e directa.
Partes: recitativos, arias, concertantes, e finais.
Destacaron PICCINI (La buona figlivola), CIMAROSA, PERGOLESI (A serva Padrona) que desencadenou "a guerra dos bufóns".
6.2 A ópera en Viena
GLUCK fixo unha reforma operística no 1760. Destaca a súa ópera "Alcestes".
Con él a obertura forma parte da ópera, a música non interrompe a trama e a orquestra adáptase ao drama.
Por outra banda MOZART promocionou o singspiel alemán, de orixe popular e con partes cantadas e faladas.
6.3 A ópera en Francia
Discusión entre o gusto pola ópera italizana cómica e a traxedia lírica francesa: "Querela dos bufóns".
No 1750 triunfa a ópera comique: alterna falado e cantado, con argumentos da vida burguesa e campesiña.
ROUSSEAU: cría que o francés non era un idioma apropiado para a música, mentres que GLUCK apoiaba a idoneidade da lingua francesa (Ifigenia in Aulide).
7 ESPAÑA
- Música relixiosa:
Na corte madrileña- Capela Real
Capelas de nobres e relixiosas
Teatros
Destacou José de Nebra.
- Música de cámara:
Corte dos Borbóns. Na primeira metade de século influencia francesa, Scarlatti. Na segunda metade influencia italiana, Boccherini.
- Teatro:
Sainete
Zarzuela
Tonadilla escénica
7.1 A Zarzuela
No campo da música escénica, os monarcas españois déronlle a exclusiva operística aos italianos, o que impediu o desenvolvemento da ópera española tal e como se intentase no Barroco.
Sen embargo, durante o século XVIII, os teatros madrileños acolleron a zarzuela como estilo teatral cada vez máis popular.
O libretista Ramón de la Cruz escribiu unha zarzuela á que lle puxo música Antonio Rodríguez de Hita, “As segadoras de Vallecas”, coa que este xénero musical adquire un aspecto máis popular e español.
Pero a zarzuela tivo dúas serias competidoras: a ópera italiana e a “tonadilla” escénica, que neste século foi máis popular cá zarzuela. Pablo Esteve e Blas de la Serna foron os seus mellores representantes.
8 A ORQUESTRA CLÁSICA
Nesta época, a orquestra sofre un troco; desaparecen os instrumentos de tecla e os de corda pasan a ser baséea, agás nalgunhas pasaxes.
Xa se diferencian as funcións de cada familia de instrumentos. Os de metal non executan pasaxes tan floridas, e tampouco desaparecen os instrumentos ou familias durante todo o movemento. Hai a miúdo combinacións de diferentes timbres en cada momento.
A orquestra é unha combinación de violíns (divididos en primeiros e segundos), violas, violoncellos e contrabaixos. Estes dóbranse a distancia de oitava, proporcionando un baixo firme. Un par de frautas, oboés, clarinetes, fagots, trompas e cornos, ademais de timbais, completaban a orquestra que utilizró Beethoven na súa primeira sinfonía tocada no ano 1800.
Ata finais do século XVIII, as orquestras afacían ter de vinte a trinta membros. Con Beehoven, chegaron a corenta.
9 A PRIMEIRA ESCOLA DE VIENA
Coñécese con este nome aos tres compositores máis importantes do Clasicismo musical:
Haydn, Mozart e Beethoven.
9.1 F. J. Haydn
F. J. HAYDN (1732-1809). Naceu nunha vila austríaca e pasou a maior parte da súa vida ao servizo da nobreza. Determinou unha nova agrupación musical: o cuarteto de corda, composto por dous violíns, unha viola e un violoncello; perfeccionou tipos formais como a sonata, e compuxo 104 sinfonías coas que consagrou esta formo. A moitas delas lles puxo sobrenombres como “a sorpresa”, “o adeus”, “a galiña”… Ademais escribiu óperas e oratorios como “A Creación” e “As 7 palabras de Cristo na Cruz”, que foi unha encarga para a Catedral de Cádiz.
Coméntase que seu patón facíalle compoñer sen descanso e por iso nunha das súas obras escribiu “composta mentres durmía”.
9.2 W. A. Mozart
W.A. MOZART (1756-1791). Naceu en Salzburgo onde o seu pai Leopold descubriu deprisa que o seu fillo era un neno prodixio e planificou a súa educación. En seu infacia percorreu toda Europa dando concertos nos Cortes máis importantes.
Xa de maior traballou no corte do arcebispo de Salzburgo, pero o servilismo ao que se vía sometido levou a Mozart a abandonar o seu posto e a vivir como un profesional libre en Viena. Isto derivou nunha situación económica miserabale nos seus últimos anos. En só 35 anos de vida compuxo unhas 800 obras. Sobresaen as súas sinfonías, concertos para diversos instrumentos, sonatas e cuartestos. Compuxo ópera italianas como “Don Giovanni” ou “Os casamentos de Fígaro” e varios singspiel (representacións teatrais en idioma alemán que alternan diálogos falados con partes cantadas) como “A frauta máxica”. Dentro da música relixiosa deixou un Réquiem inacabado.
Coméntase que sendo Mozart moi pequeno escoitou nunha granxa o grito dun porco e berrou “sol sostido”. Alguén correu a comprabarlo ao teclado e era certo.
9.3 L. V. Beethoven
L.V. BEETHOVEN (1770- 1827). Naceu en Bonn, nunha familia de orixe modesta, onde recibiu as súas primeiras leccións de música de mans do seu pai.
Trasladouse a vivir a Viena e alí estudou música con varias mestres, entre eles Haydn. Pronto comezou a ter éxito. Foi o primeiro música que viviu libre de servilismos grazas ás súas publicacións, concertos e leccións, o que lle permitiu escribir a música que quería e expresar a través de ela os seus sentimentos.
Os primeiros síntomas da sordera que padeceu, manifestáronse sendo moi mozo, o que lle fixo parecer diante do público como antisocial, reservado e áspero.
Beethoven engrandeceu as formas cláscias, amplicando as súas posibilidades e abrindo o camiño da transición para o Romanticismo, influíndo en todos os compositores do século XIX.
Na súa obra salientan as 9 sinfonías, como a “Pastoral” ou a “Coral”; nesta última incorporou un coro e catro solistas para interpretar a famosa “Oda á Alegría”. As súas sonatas para piano perfeccionaron a técnica deste instrumento do que el era virtuoso. Só escribiu unha ópera, “Fidelio”.