Software libre.

Este libro trata del software libre

Sitio: Aula virtual do IES Sofía Casanova
Curso: Tecnoloxías da Información e Comunicación 1ºBach
Libro: Software libre.
Impreso por: Usuario convidado
Data: Venres, 13 de Marzo de 2026, 07:10

Táboa de contidos

Introdución

Cando un programador desenvolve un software faino baixo un código fonte (linguaxe a medio camiño entre o código binario e a nosa lingua). Si desexásemos modificar un software (por exemplo para logo linuxtraducilo o galego) necesitariamos o código fonte.

A hora de publicalo seu traballo, os programadores poden mantelo en segredo ou ben comunicalo, e hai moitas licenzas que regulan o uso, copia, modificación, etc. A condición destas licencias determinan se un programa é software libre ou non.

As licenzas libres permiten que o software poida ser usado, copiado, estudiado, modificado e distribuido sin necesidade de autorización e sen restricción algunha

Breve historia de GNU/Linux

Nos comezos da informática todo o software era libre.

Os ordenadores eran máquinas pesadas e caras que só se podían atopar nas Universidades e centros de investigación. Os programadores mantiñan o seu código aberto e colaboraban entre si a través de Internet, construída toda ela con software libre.

Os ordenadores abarataronse, fixéronse máis lixeiros e comezaron a chegar os fogares. O software comezou a ser comercializado e as empresas obrigaron os seus programadores a asinar acordos de non revelación, polos que se comprometían a pechar o código, e os programas comezaron a venderse sen facilitar o seu código fonte.

Isto xerou unha reacción de rexeitamento que se fixo patente cando Richard Matthew Stallman en 1984 decidiu iniciar o proxecto de crear un sistema operativo similar a UNIX?, pero cunha licenza que permitise o acceso ao código fonte, ademais da libre distribución e copia.

logo GNUChamou ao proxecto GNU, e cuxo emblema sería un Ñú. Para protexer o novo sistema creouse a licenza GNU/GPL (Licenza Pública Xeral GNU) e o copyleft (oposto ao copyright), que garante a liberdade de uso, copia e modificación, e obriga a distribuír o código fonte xunto cos binarios.

Centos de programadores de todo o mundo identificáronse co seu manifesto fundacional e comezaron a colaborar e producir compoñentes do futuro sistema operativo libre.

EN 1990 o sistema GNU estaba case completo pero faltaba un compoñente esencial: o núcleo (kernel). Sen núcleo non pode haber sistema operativo.
O primeiro kernel libre e operativo non chegaría ata a década dos 90. En 1991 Linus Torvalds un estudante finlandés de 21 anos desenvolveu un núcleo compatible con Unix e denominouno Linux.

Distribucions de GNU-Linux

Polo seu propio espírito o Software libre ramificase nunha serie de comunidades de usuarios e programadores aglutinados en torno a proxectos xurdidos de necesidades concretas.

Esto produce unha certa dispersión do software dispoñible en cada momento e non existe unha entidade autorizada ou centralizada responsable de GNU/Linux.

Para que un sistema operativo funcione sen problemas e sexa fácil de instalar é necesario un traballo de coordinación dos seus distintos compoñentes: kernel, librerías, aplicacións de usuario, contorna gráfico, etc. Este traballo de configuración e mantemento realízase nos sistemas operativos libres baixo o soporte das chamadas distribucións.

Os programadores das distintas distribucións realizan un importante esforzo por recopilar o mellor do software libre dispoñible en cada momento, mellorar os procesos de instalación e a detección de dispositivos co fin de facilitar a vida ao usuario medio.

Algunhas das distribucions son:
... e moitas outras...

Por qué usar Software Libre