Táboa de contidos
Imprimir libro completoImprimir este capítulo AnteriorSeguinte

A finais do IX na Abadía de Saint Gall explícase no prólogo dun libro de himnos que chegou un monxe con antifonarios que recollen unha serie de versos con melismas do Aleluia como recurso mnemotécnico. Nesta abadía analizan dito repertorio, adáptano e comezan a crear secuencias.
Son tropos de adaptación ao melisma do Aleluia (jubilus).
Estas secuencias van evolucionando e os seus textos convértense nun recurso para dar saída ás necesidades creativas dos monxes, chegando a ser estruturas estróficas. Estrutúranse en versos pareados, cunha mesma melodía por versos.
Fálase de case 5000 secuencias, pero o Concilio de Trento nas súas sesións de música (1545-1563), mantivo só 4: Victimae Paschali Laúdes (Pascua), Veni Sancte Spiritus (Pentecostés), Lauda Sión (Corpus Christi), Dies Irae (Requiem). A comezos do XVIII recupérase unha 5ª, o Stabat Mater (Venres de Dor).

AnteriorSeguinte