Táboa de contidos
Imprimir libro completoImprimir este capítulo AnteriorSeguinte

Primeira metade do XII o organum xa non se improvisa, senón que se anota e compón. O cantus ou vox principalis pasa á voz inferior, e a vox organalis á superior, gañando autonomía. Aparece o organum libre.


En San Martial de Limoges aparecen:
- Versus: sinónimo de conductus, adicicones non oficiais á liturxia nas festividades importantes.
- Tropos do Benedicamus Domino:
- Secuencias.


A composición polifónica aplícase a estes cantos novos e non ao gregoriano.

Aparecen dous estilos:
- Factura de notas tidas: organum florido ou melismático. Sobre cada nota do cantus a voz organal desenvolve varias notas.
- Factura de discanto: escritura nota contra nota, sílaba contra sílaba, ou melisma contra melisma.
Aparecen tamén os primeiros exemplos de intercambio das voces.

AnteriorSeguinte