Os focos principais foron San Martial de Limoges e a Abadía de Saint Gall, desde o século XI ao XII.
Eran engadidos que se facían aos cantos da misa e o Oficio en festas solemnes aumentando así a súa maxestosidade. A súa función era alongar o texto oficial e explicalo.
Segundo o repertorio existen: tropos da misa (do Introito, presentando o tema do día, por exemplo) e tropos do oficio. Segundo a súa forma: tropos de extensión melódica dun canto preexistente, adicción textual a unha melodía en relación silábica, e de adicción textual-musical. Segundo a súa adaptación á peza orixinal: tropos de adaptación (engadido textual ás notas do melisma), de desenvolvemento (amplian a peza por adicción melódico-textual), de interpolación ( introducen no medio da peza texto e música) e de encadramento (adición de texto e música ao comezo e fin).